sábado, 1 de septiembre de 2007

Trucos para buscar na rede

Todos sabemos buscar información nos buscadores, o malo é que non sempre sabemos buscar ben para atopar o que realmente buscamos.
Moitas veces tiven que buscarlle a outras persoas a información na rede porque elas non sabían buscar.
Realmente non é tan complicado; pero non nos preocupamos de utilizar ben os buscadores.
En Xyberneticos explican como buscar. Así que se recomenda a visita.
E non utilicemos soamente gogle. Hai outros buscadores moi bos como o europeo Seekport, ou Yahoo que están á altura de Google, e non vos esquezades dos metabuscadores (buscan en tódolos buscadores) como Metacrawler, Ixquick que tamén é un buscador telefónico, Buscamultiple.
Tamén hai buscadores de páxinas galegas como Websgalicia, Galiciacity, Miradoiro e Paxinas.
E para buscar música, vídeos e programas: Dilandau.

A Rianxeira

Música típica da Ría

Rexistro das obras musicais

As obras musicais e calquera outra que se acolla á propiedade intelectual (textos, imaxes, inventos, ...) deben protexerse no Rexistro da Propiedade Intelectual para evita-lo plaxio. Como podemos reclamar que sexan nosas?
A primeira vez un anda desorientado. Fun á delegación e alí explicáronmo moi claro; pero en Informáticamusical temos unha completa explicación e podemos baixar os documentos que logo nos pedirán na oficina do rexistro.
A obra individual custa uns 12 euros. Pero si inscribimos varias temas como parte dunha obra podémonos aforrar bastantes cartos. Se non recordo mal, por 15 euros inscribín un feixe delas.

Curso de harmonía musical

Michel Barón ofrécenos un curso de harmonía musical que está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán e o galego. Pode ser descargalo en formato comprimido zip, que ó abrilo mostra unha páxina web na que podemos escoller o idioma.
Na páxina hai un programa para practica-los exercicios, así como unha actualización dos exercidios.
Pinchando aquí pode descargarse directamente o curso comprimido en formato zip. Hai que respectar as normas de uso: pedagóxico, indicar a fonte, non facer un uso comercial, informar ó autorsobre o seu uso.

Curso completo de fotografía en vídeo

Realmente me pareceron interesantes os vídeos do curso de fotografía que fun colocando nas entradas anteriores. Tanto que case estaba decidido a incorporalos todos.
Pero pensei que debían proceder de algunha páxina de internet. Púxenme a buscar e efectivamente atopei a recopilación dos vídeos do curso en ViktorStudios.
Se non se ve a imaxe (pasoume a min) é pola configuración do navegador. En todo caso hay a opción de Trauko's onde fan a recopilación que pensaba facer eu. Evidentemente, hai que empezar de atrás para adiante.
Tamén se poden baixar os vídeos con kiss e recopilalos ordeadamente.

Uso do trípode

Hei de confesar que teño varios trípodes pero que os uso pouco porque ocupan espacio e resulta incómodo ir cargado con cámaras, obxectivos, filtros, ...
Pero a boa calidade dunha foto depende dun trípode, e en especial nas fotos da natureza e de paisaxes.
Xa que me metín no tema da fotografía, un dos meus "hobbies" predilecto, e que atopei uns interesantes vídeos en youtube, decidín incoirporar neste blog algún deses vídeos para compartilos e facerme a mín mesmo a acordante de que debo sacar os trípodes do armario.

Técnica fotográfica 2

Sabías que a máxima calidade obtense en diaframas intermedios? Coñeces as claves para compoñer paisaxes?. Estes e moitos máis aspectos son tratados nas diferentes categorías do blog de J. García.
Tamén é interesante o blog de Sergio de la Torre que inclúe as categorías de técnica fotográfica, software, e trucos onde, por exemplo, nos explica como limpar o sensor da cámara dixital.
Na web DeCámaras explícanse as técnicas fotográficas para utilizar un filtro polarizador, obter fotos da lúa ou colocar os obxectos no punto de interese da foto.
No blog de Javier Vallas atopamos categorías sobre técnica, retoque, programas e restauración.
En dzoom trátase ampliamente o tema da técnica fotográfica. é un verdadeiro manual. Ademáis hai outras categorías interesantes como blricolaxe, consellos, programas e trucos. Os principiantes, e non tanto, poden comezar neste "post".
Tamén é interesante un curso básico de fotografía. Está en italiano pero lese ben.
En d-foto hai un curso básico de fotografía en castelán, que podemos ampliar en difo.
Para cando a foto xa está feita podemos consultar os tutorias de retoque de ojodigital.
Obteremos así unhas fotos de gran calidade para incorporar nas presentacións, compartir cos amigos ou publicar para obter beneficios da nosa afición.
Tamén en youtube hai vídeos de cursos de fotografía. Por exemplo este sobre o emprego do diafragma e a velocidade de obturación.