Mostrando entradas con la etiqueta ensino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ensino. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de agosto de 2008

Crear animacións online

En Goanimate poden crearse facilmente animacións online en flash. Xa o probei e nun momento fixen esto.

lunes, 30 de junio de 2008

Ciclo superior de Química Ambiental

Aberto o prazo de matriculación para o ciclo superior de Química Ambiental do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Formación de técnicos en xestión do Medio Ambiente.
Información no teléfono 986554847.

miércoles, 28 de mayo de 2008

Crear cuestionarios

Interesante forma de realizar cuestionarios que se poden crear en MyStudiyo. Exemplo inicial dunha actividade que espero ir incrementando, xa que de momento só ten unha cuestión.

sábado, 24 de mayo de 2008

Crear un blog de enlaces gráficos


Monkiri permítenos crear un blog empregando capturas das webs visitadas mediante un botón que se instala no navegador.

Páxinas web colaborativas

Mediante GoogleSites pódense crear páxinas web colaborativas. Por exemplo unha web da clase. O problema é que temos que compartir unha conta de Google o cal me parece un problema. Eu empregaría mellor un blog xa que pode darse permiso para entrar mediante varias claves.

Videoconferencia

En Orgoo podemos crear unhs sala de videoconferencia. É útil para dar unha clase online ou para un videochat.
Outra alternativa moi similar é MeBean. En ningún dos casos é necesario darse de alta. Basta con crear unha sala de videochat e mandarlle a dirección da mesma aos participantes.
EkkoTV é outra posibilidade, se ben o número de participantes está limitado a tres.
Pero a mellor alternativa de todas, tamén a máis profesional, para impartir unha charla ou clase mediante videoconferencia é Vyew. Neste caso é necesario darse de alta (gratis) para crear unha videoconferencia. Ademais ten a vantaxe de que pode grabarse a videoconferencia para que os usuarios a consulten máis tarde.

domingo, 18 de mayo de 2008

Que son as RSS

É un sistema que nos faclita a consulta dos temas que nos interesan sen necesidade de andar a buscar pola rede.
Hei de confesar que me costou un pouco entender o sistema, se ben xa fai tempo que o empreguei sen saber moi ben o que era. Resultaba útil e aplicábao.
En Punto y Aparte explícase de forma fácil o emprego dos RSS. Se vos fixades neste blog veredes que salen as noticias da Voz de Galicia edición Arousa e as entradas recentes de algúns blogs. Eso faise coas RSS ou suscripcións.
Hay varios formatos. Para min a novidade son os opml.
Para empregar nas clases utilizo un lector das RSS que consiste nunha recopilación e edición de noticias. Resumindo, creei unha web de noticias chamada Bioecoloxía.

Pizarra digital online

Twiddla. Estívena probando e parece que pode ser de utilidade. Xa endadirei algo máis.
Imagination 3 é outra pizarra electrónica que permite gardar o traballo realizado e que nos envían ao correo electrónico.
Scriblink parece bastante máis completa, aínda que non tiven tempo de probala.

A web 2.0 e a revolución do ensino

viernes, 2 de mayo de 2008

Deseñar actividades educativas

Nesta presentación expóñense as posibilidades que ofrece internet para deseñar novas actividades educativas. Trátase de empregar a rede para diversificar os métodos pedagóxicos, non para suplantalos como pretenden quen está en contra da aplicación das TIC (Técnicas de información e comunicación).
Desde o meu punto de vista non podemos rexeitar as novas posibilidades. É como se os antigos profesores non quixeran utilizar os libros cando se inventou a imprenta.

jueves, 14 de febrero de 2008

Campaña día da dislexia

A Federación de Dislexia de España está a recoller firmas para declarar o día 8 de novenbro día nacional da dislexia.
Sendo a dislexia unha discapacidade transitoria que afecta aos rapaces en idade escolar, que require polo tanto unha atención á diversidade de métodos de aprendizaxe que os profesores non sempre están dispostos a darlle, penso que é moi importante apoiar a estes rapaces que xeralmente son moi intelixentes e aos que si se lles da a oportunidade poden chegar a ser personalidades ilustres, como por exemplo Einstein, Leonardo da Vinci, Tomás Edison e o español premio nobel de literatura Juan Ramón Jiménez.
Apoiar esta iniciativa é unha boa causa.
Acceso ás firmas

lunes, 7 de enero de 2008

Sala de videoconferencia

Vía Genbeta acabo de descubrir MeBean, unha aplicación web que nos permite crear unha sala de videoconferencia no momento que necesitemos, sen necesidade de darse de alta nin outro requisito. Permite crear un enlace que lle podemos enviar ás persoas coas que queiramos conversar.
Permite transferir audio, vídeo e chat.
Pode ser interesante.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Subtitular vídeos

En Ovestream hai unha aplicación para subtitular vídeos. Paréceme unha utilidade interesante para os profesores que lle queren pasar aos alumnos un vídeo que se atopa noutro idioma, e incluso para resaltar visualmente o que se di nun vídeo, ou tamén para incluír un texto no mesmo.
Para utilizalo hai que darse de alta. Logo o vídeo pode colocarse nun blog ou web a través dun enlace que se subministra ao estilo youtube.
A modo de exemplo inclúo este vídeo do programa americano "Sabes máis que un neno de primaria"

viernes, 9 de noviembre de 2007

Informe sobre as TICs na aula

Segundo un informe do CNICE, ainda que o 73,6 % do profesorado considera que as TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) estimulan o interese e motivación facilitando a aprendizaxe dos alumnos, o certo é que o 71 % deses profesores non usa o ordenador como apoio nas clases, sendo os profesores de bacharelato os que máis o empregan.
A noticia pódese ampliar en 20 minutos, ou consultar o informe na páxina do CNICE, onde hai un informe resumido de 60 páxinas e o informe completo.

martes, 2 de octubre de 2007

Conferencia sobre educación do fiscal de menores de Granada

Moi interesante me pareceu esta conferencia de Emilio Calatayud.
Pinchar aquí para vela.

domingo, 30 de septiembre de 2007

Libros dixitais

Xa podemos crear o noso libro dixital cun programa gratuíto. Trátase de Booksmart, un sitio no que logo podemos solicitar a impresión en papel dos exemplares que queiramos en papel de gran calidade.
Pero o programa é gratuíto e podemos usar a nosa impresora, e pódese descargar desde esa páxina ou pinchando aquí.
Inconveniente: Hai que ter o progama instalado para ver o libro no ordenador.
Solución: Imprimilo como PDF se temos algún programa a tal fin.

Ten unha pega: ao imprimir (impresora ou PDF) sae unha marca publicitaria de auga que desmellora un pouco o traballo.