Mostrando entradas con la etiqueta webmasters. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta webmasters. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de julio de 2008

Buscador personalizado

Con Google Coop pode crearse un buscador personalizado, é dicir un buscador a partir de Google no que se limitan as buscas aos temas que nos interesen, ou o que é o mesmo un buscador de poucas páxinas pero máis rápidas. Este buscador pode poñerse na nosa páxina ou blog.

sábado, 7 de junio de 2008

Descarga de iconos

En Cosas sencillas descubro Freeiconsdownload onde se poden descargar iconos de gran calidade. Hai unhga gran cantidade de coleccións para tódolos gustos e situacións.
Os iconos son recursos gráficos para mellorar a calidade das webs, blogs e presentacións, engaddindo imaxes que reforzan os contidos. Recordemos que unha imaxe vale por mil palabras. Ademáis unha páxina que soamente contén textos non resulta amena.

domingo, 1 de junio de 2008

Crear favicons

Os iconos ico son útiles para facer que o noso pendrive ou CD-DVD mostre un icono persoalizado cando o introducimos no ordenador ou cando se abre a nosa páxina web. Hai programas que permiten elaboralos, pero xeralmente son pouco utilizados e ocupan espacio no disco duro e na memoria do ordenador. Resulta interesante ter a posibilidade de crear os arquivos gráficos ico mediante utilidades en liña como Bradicon. A través de Bitelia descubrín esta utilidade para transformar imaxes en iconos.
En Internet hai outras páxinas nas que elaborar iconos online: Genfavicon, Dynamicdrive, Favicongenerator, etc.
Para utilizar o picono creado no pendrive e outras utilidades visita este enlace.

lunes, 26 de mayo de 2008

Publicar mapas

Nomao permite elaborar "gadgets ou widgets" para poñer mapas personalizados no noso blog ou web.
No mapa poden engadirse os lugares favoritos con fotos e textos.
Interesante para facer unha guía interactiva ou un itinerario guiado. Posiblemente faga algo ao respecto máis adiante.

sábado, 24 de mayo de 2008

Crear un blog de enlaces gráficos


Monkiri permítenos crear un blog empregando capturas das webs visitadas mediante un botón que se instala no navegador.

Páxinas web colaborativas

Mediante GoogleSites pódense crear páxinas web colaborativas. Por exemplo unha web da clase. O problema é que temos que compartir unha conta de Google o cal me parece un problema. Eu empregaría mellor un blog xa que pode darse permiso para entrar mediante varias claves.

Videoconferencia

En Orgoo podemos crear unhs sala de videoconferencia. É útil para dar unha clase online ou para un videochat.
Outra alternativa moi similar é MeBean. En ningún dos casos é necesario darse de alta. Basta con crear unha sala de videochat e mandarlle a dirección da mesma aos participantes.
EkkoTV é outra posibilidade, se ben o número de participantes está limitado a tres.
Pero a mellor alternativa de todas, tamén a máis profesional, para impartir unha charla ou clase mediante videoconferencia é Vyew. Neste caso é necesario darse de alta (gratis) para crear unha videoconferencia. Ademais ten a vantaxe de que pode grabarse a videoconferencia para que os usuarios a consulten máis tarde.

miércoles, 21 de mayo de 2008

Xerador de imaxes de prensa

News paper cliping generator é un recurso que nos permite crear unha imaxe das noticia que queiramos incluír na prensa.
Non fai falta darse de alta. Seleccionamos un título para o periódico (pídese que non sexa real) e escribimos a nosa noticia. Pulsamos xerar e un enlace para gardar a noticia xerada. A continuación o exemplo.
Atopei este recurso en Aldelat, onde hai disponibles outras interesantes ferramentas educativas.

lunes, 19 de mayo de 2008

O Esteiro de Vilanova

Fai uns cuantos días puxen unha foto do Esteiro con efecto de movemento de auga. Estaba ben pero saía con publicidade. Hoxe podo poñer a mesma foto sen publicidade, ou eso creo, gracias a Watereffect.

domingo, 18 de mayo de 2008

Que son as RSS

É un sistema que nos faclita a consulta dos temas que nos interesan sen necesidade de andar a buscar pola rede.
Hei de confesar que me costou un pouco entender o sistema, se ben xa fai tempo que o empreguei sen saber moi ben o que era. Resultaba útil e aplicábao.
En Punto y Aparte explícase de forma fácil o emprego dos RSS. Se vos fixades neste blog veredes que salen as noticias da Voz de Galicia edición Arousa e as entradas recentes de algúns blogs. Eso faise coas RSS ou suscripcións.
Hay varios formatos. Para min a novidade son os opml.
Para empregar nas clases utilizo un lector das RSS que consiste nunha recopilación e edición de noticias. Resumindo, creei unha web de noticias chamada Bioecoloxía.

A web 2.0 e a revolución do ensino

martes, 6 de mayo de 2008

Scribefire

Scribefire é unha extensión para o navegador Firefox que permite escribir as entradas para os blogs dende o propio navegador.
Aínda no probei, pero en Desde mi tarima din que vai moi ben. Haberá que probalo

domingo, 27 de abril de 2008

Programar en php

A programación php permite crear páxinas web dinámicas e manexar bases de datos Mysql. Teño unha lixeiras nocións que me permiten realizar certas cousas, como un buscador que tiven activo ata que o meu servidor tivo a feliz idea de eliminar o Mysql (era grtuito).
A través de wikilearnin hai un curso que pretende ensinarnos a manexar estelinguaxe de programación dun xeito facil.
Tamén se trata o php neste outro wiki e neste titorial ou neste outro.
Aqui indícannos como manexar bases de datos mysql con php.
Tamén atopamos aquí un titorial sobre a linguaxe de programación html para páxinas web.
Tamén nos ensinan como buscar recursos gráficos gratuitos na rede e a utilización dos RSS para sindicación de contidos.

Escuchar noticia

lunes, 21 de abril de 2008

Crear Gifs animados Online

A través de Genbeta descubro Gickr, unha utilidade online que nos permite crear gifs animados a partir das imaxes que descarguemos do noso ordenador, de Flickr ou a partir de vídeos de youtube.
Tamén podemos facer o mesmo con Picasion.
Parece interesante porque os programas para crear gifs animados son de pago e poucas veces os utilizo. Está moi ben para un momento de necesidade.
O malo é que engade o logotipo; pero depende do tamaño que queiramos darlle á imaxe (parece ser).
Intentarei probalo e porei a imaxe, a ver que tal.
En Aniboom poden crearse animacións en flash, tamén online. Aínda teño que ver como vai o tema.
Esta é unha animación flash con música de Good bye blue sky de Pink Floyd.
En Web Script Lab hai utilidades gráficas para webs



Ninguén se da por aludido con este videoclip premonitorio?

domingo, 20 de abril de 2008

Debuxar e pintar online

En El Tinglado atopei un par de utilidades de debuxo
Trátase de actividades orientadas a nenos; pero podemos obter algunha utilidade para os deseños gráficos na web.
Unha é para pintar grafitis virtuais sobre un muro tamén virtual.
A outra é unha recopilación de opcións de debuxo.
Podemos debuxar unha cara para un avatar (a nosa imaxe en páxinas sociais) coma esta cambiando pelo, ollos, orellas, cores, etc.

sábado, 19 de abril de 2008

Yahoo Media Player

Acabo de ver en Vagabundia unha forma de colocar o Yahoo Media Player nunha páxina web. Parece interesante porque o reproductor das cancións está ben e é moi bonito pero soe fallar con bastante frecuencia.
Intentarei colocar o reproductor de Yahoo cando teña un pouco de tempo.

Utilidades "online"

En Vagabundia hai unha recopilación de 100 xeradores online de utilidades para crear botóns, animacións, fondos, logos, favicóns e outras ferramentas de cor.
Cando non temos un programa axeitado ou para unha necesidade momentánea podemos recorrer a este tipo de recursos en liña que nos sacan dun apuro ou necesidade.

sábado, 15 de marzo de 2008

Creación de logotipos on line

En Creativos online indícanos 8 enlaces para crear logotipos e botóns online para as nosas páxinas web, presentacións, etc.
Ahí vai unhaa mostra.

domingo, 23 de diciembre de 2007

Tutoriais de todo tipo

En Mundotutoriales hai unha recompilación dunha chea de tutoriais.
Aprender a manexar os programas informáticos é agora máis facil.

Eliminar publicidade dunha web

En Nopropaganda indícanse varios trucos para evitar a publicidade que os servidores de aloxamento gratuíto colocan na cabeceira das nosas páxinas.
A primeira e máis lóxica é buscar un aloxamento gratuíto. Está claro que os servidores están no seu dereito a quitarlle algún beneficio ao servicio que nos prestan; pero aos webmasters resúltalle antiestética a publicidade.
Neste caso hai trucos para eliminala nos diferentes servidores.
En Webmasters e en Yomaster tamén hai unha lista de códigos Java que realizan a mesma función.