sábado, 15 de marzo de 2008

O noso representante en Eurovisión

Certamente, o festival de Eurovisión está bastante desvirtuado. Non é o que era na España franquista cando un triunfo español no estranxeiro era considerado un triunfo do réxime.
A canción, e o cantante, que nos representarán este ano están cheos de polémica. Un bodrio de canción tanto na letra como na música e un intérprete que nin é cantante nin sabe cantar. Pero quen sabe, en Eurovisión non gañan os mellores (por eso está desvirtuado) e posiblemente se busca chamar a atención polo absurdo.
En fin, esta é a canción que nos vai representar. Ata estaba mellor a versión sen adaptar ás normas do festival. Sería un orgullo gañar con esto?

sábado, 8 de marzo de 2008

Mártires da Arousa foi unha das cancións máis votadas da semana

Esta semana a canción "Mártires da Arousa" foi unha das máis votadas en Hispasonicos. Certamente as descargas diminuiron desde que é necesario estar dado de alta para descargalas e votalas. Darse de alta é moi facil.
Recordamos que as cancións pódense descargar pulsando aquí.

domingo, 2 de marzo de 2008

Plantillas para PowerPoint

En Cosassencillas hay enlaces a 10 páxinas nas que se poden descargar plantillas para PwerPoint. Hainas gratis e de pago.

Crear folletos a partir de documentos PDF

En Genbeta atopei unha interesante utilidade que resolve un problema que tiña coa impresora. Trátase de BookletCreator, unha utilidade "on line" que permite crear folletos a doble páxina que logo se poden grapar ou encuadernar como se fose un libro.
Coa impresora teño conseguido este efecto despois de botar a perder varias follas. Con esta aplicación soluciónase o problema.

sábado, 23 de febrero de 2008

Novo buscador jallejo para competir co Google

Acábome de enterar en Na Illa que temos un novo buscador para Jalisia. Este buscador respeta a fala da Ría de Arousa, usando a jeada e o seseo. Non se está empesando a reivindicar as lenjuaxes minoritarias, ¿ou chamarlle mellor dialectos? senón dunha páxina humorística de utilidá.
É ijual, sea como sea non deixa de ter importansia que poidamos utilisar un buscador jallejo da importansia de jujel.
Polo de pronto, nós puxémoslle un enlase permanente no menú inisial para que todos poidamos jujelear en jallejo.

jueves, 14 de febrero de 2008

Campaña día da dislexia

A Federación de Dislexia de España está a recoller firmas para declarar o día 8 de novenbro día nacional da dislexia.
Sendo a dislexia unha discapacidade transitoria que afecta aos rapaces en idade escolar, que require polo tanto unha atención á diversidade de métodos de aprendizaxe que os profesores non sempre están dispostos a darlle, penso que é moi importante apoiar a estes rapaces que xeralmente son moi intelixentes e aos que si se lles da a oportunidade poden chegar a ser personalidades ilustres, como por exemplo Einstein, Leonardo da Vinci, Tomás Edison e o español premio nobel de literatura Juan Ramón Jiménez.
Apoiar esta iniciativa é unha boa causa.
Acceso ás firmas

miércoles, 13 de febrero de 2008

Querer é poder

Hay quen con dúas máns non é capaz de aprender a toca-la guitarra e este tipo foi capaz de aprendela a tocar sen brazos.