Certamente, o festival de Eurovisión está bastante desvirtuado. Non é o que era na España franquista cando un triunfo español no estranxeiro era considerado un triunfo do réxime. A canción, e o cantante, que nos representarán este ano están cheos de polémica. Un bodrio de canción tanto na letra como na música e un intérprete que nin é cantante nin sabe cantar. Pero quen sabe, en Eurovisión non gañan os mellores (por eso está desvirtuado) e posiblemente se busca chamar a atención polo absurdo. En fin, esta é a canción que nos vai representar. Ata estaba mellor a versión sen adaptar ás normas do festival. Sería un orgullo gañar con esto?
Esta semana a canción "Mártires da Arousa" foi unha das máis votadas en Hispasonicos. Certamente as descargas diminuiron desde que é necesario estar dado de alta para descargalas e votalas. Darse de alta é moi facil. Recordamos que as cancións pódense descargar pulsando aquí.
En Genbeta atopei unha interesante utilidade que resolve un problema que tiña coa impresora. Trátase de BookletCreator, unha utilidade "on line" que permite crear folletos a doble páxina que logo se poden grapar ou encuadernar como se fose un libro. Coa impresora teño conseguido este efecto despois de botar a perder varias follas. Con esta aplicación soluciónase o problema.