domingo, 27 de abril de 2008

Programar en php

A programación php permite crear páxinas web dinámicas e manexar bases de datos Mysql. Teño unha lixeiras nocións que me permiten realizar certas cousas, como un buscador que tiven activo ata que o meu servidor tivo a feliz idea de eliminar o Mysql (era grtuito).
A través de wikilearnin hai un curso que pretende ensinarnos a manexar estelinguaxe de programación dun xeito facil.
Tamén se trata o php neste outro wiki e neste titorial ou neste outro.
Aqui indícannos como manexar bases de datos mysql con php.
Tamén atopamos aquí un titorial sobre a linguaxe de programación html para páxinas web.
Tamén nos ensinan como buscar recursos gráficos gratuitos na rede e a utilización dos RSS para sindicación de contidos.

Escuchar noticia

sábado, 26 de abril de 2008

lunes, 21 de abril de 2008

Crear Gifs animados Online

A través de Genbeta descubro Gickr, unha utilidade online que nos permite crear gifs animados a partir das imaxes que descarguemos do noso ordenador, de Flickr ou a partir de vídeos de youtube.
Tamén podemos facer o mesmo con Picasion.
Parece interesante porque os programas para crear gifs animados son de pago e poucas veces os utilizo. Está moi ben para un momento de necesidade.
O malo é que engade o logotipo; pero depende do tamaño que queiramos darlle á imaxe (parece ser).
Intentarei probalo e porei a imaxe, a ver que tal.
En Aniboom poden crearse animacións en flash, tamén online. Aínda teño que ver como vai o tema.
Esta é unha animación flash con música de Good bye blue sky de Pink Floyd.
En Web Script Lab hai utilidades gráficas para webs



Ninguén se da por aludido con este videoclip premonitorio?

domingo, 20 de abril de 2008

Camaxe: Música arousán

Entereime a travé de Na Illa da existencia do grupo belga de música celta Camaxe. O seu gaiteiro é o arousán Miguel Allo e a actuación do vídeo é en Loon Plage, en Francia.
Permítome a licencian de copiarlle a Na Illa a súa nota, xa que esta páxina se orienta fundamentalmente á música.

Camaxe
Cargado por Phil-Ketels

Debuxar e pintar online

En El Tinglado atopei un par de utilidades de debuxo
Trátase de actividades orientadas a nenos; pero podemos obter algunha utilidade para os deseños gráficos na web.
Unha é para pintar grafitis virtuais sobre un muro tamén virtual.
A outra é unha recopilación de opcións de debuxo.
Podemos debuxar unha cara para un avatar (a nosa imaxe en páxinas sociais) coma esta cambiando pelo, ollos, orellas, cores, etc.

sábado, 19 de abril de 2008

Yahoo Media Player

Acabo de ver en Vagabundia unha forma de colocar o Yahoo Media Player nunha páxina web. Parece interesante porque o reproductor das cancións está ben e é moi bonito pero soe fallar con bastante frecuencia.
Intentarei colocar o reproductor de Yahoo cando teña un pouco de tempo.

Utilidades "online"

En Vagabundia hai unha recopilación de 100 xeradores online de utilidades para crear botóns, animacións, fondos, logos, favicóns e outras ferramentas de cor.
Cando non temos un programa axeitado ou para unha necesidade momentánea podemos recorrer a este tipo de recursos en liña que nos sacan dun apuro ou necesidade.