domingo, 20 de abril de 2008

Debuxar e pintar online

En El Tinglado atopei un par de utilidades de debuxo
Trátase de actividades orientadas a nenos; pero podemos obter algunha utilidade para os deseños gráficos na web.
Unha é para pintar grafitis virtuais sobre un muro tamén virtual.
A outra é unha recopilación de opcións de debuxo.
Podemos debuxar unha cara para un avatar (a nosa imaxe en páxinas sociais) coma esta cambiando pelo, ollos, orellas, cores, etc.

sábado, 19 de abril de 2008

Yahoo Media Player

Acabo de ver en Vagabundia unha forma de colocar o Yahoo Media Player nunha páxina web. Parece interesante porque o reproductor das cancións está ben e é moi bonito pero soe fallar con bastante frecuencia.
Intentarei colocar o reproductor de Yahoo cando teña un pouco de tempo.

Utilidades "online"

En Vagabundia hai unha recopilación de 100 xeradores online de utilidades para crear botóns, animacións, fondos, logos, favicóns e outras ferramentas de cor.
Cando non temos un programa axeitado ou para unha necesidade momentánea podemos recorrer a este tipo de recursos en liña que nos sacan dun apuro ou necesidade.

jueves, 17 de abril de 2008

Traballo con historia

Atópase publicado en Internet un traballo que xa ten a súa historia. Trátase dun informe que foi elaborado no seu día para participar nun premio na Feira de Silleda. Recordo que se reuneu a Xunta de Montes en pleno para redactar en poucas horas un informe. Non había tempo, remataba o prazo.
Lojo, Cores, Juan Jesús, Juan Vicente, ... puxéronse a escribir e a sacar fotos para ter o informe listo dentro de prazo. O resultado foi un premio que gozaba naquela época de gran prestixio.
Logo veu a sesión de entrevistas pola radio. Creo que chamaron cáseque tódalas radios de España e Cores estaba feliz falando dos importantes logros da Xunta de Montes Comunais da Illa de Arousa, modelo para toda España.
Este que aquí tendes é o traballo. Realmente o maior mérito non foi a redacción, senón o traballo que se fixo nos montes comunais. Ese foi o motivo do premio.
Read this doc on Scribd: Na espranza dun futuro verde

sábado, 12 de abril de 2008

Mapas topográficos de Galicia

O SITGA permite a consulta dos mapas topográficos de Galicia. Hai que seleccionar a cuadrícula e logo a folla para abrir un documento PDF.
Tamén un mapa interactivo.

domingo, 6 de abril de 2008

Manual da historieta

A historieta, o comic ou o TBO teñen un manual na rede. Está moi interesante e pode lerse en Manual de la historieta.
Non só para facer cómics senon tamén para aprender a lelos. Trátanse temas como: o bocadillo, o texto, as onomatopeias, as liñas de movemento, as metáforas visuais, etc.

martes, 1 de abril de 2008

O Esteiro de Vilanova

Apply Lake Effect to your Picture WaveMyPic.com