domingo, 18 de mayo de 2008

Que son as RSS

É un sistema que nos faclita a consulta dos temas que nos interesan sen necesidade de andar a buscar pola rede.
Hei de confesar que me costou un pouco entender o sistema, se ben xa fai tempo que o empreguei sen saber moi ben o que era. Resultaba útil e aplicábao.
En Punto y Aparte explícase de forma fácil o emprego dos RSS. Se vos fixades neste blog veredes que salen as noticias da Voz de Galicia edición Arousa e as entradas recentes de algúns blogs. Eso faise coas RSS ou suscripcións.
Hay varios formatos. Para min a novidade son os opml.
Para empregar nas clases utilizo un lector das RSS que consiste nunha recopilación e edición de noticias. Resumindo, creei unha web de noticias chamada Bioecoloxía.

Pizarra digital online

Twiddla. Estívena probando e parece que pode ser de utilidade. Xa endadirei algo máis.
Imagination 3 é outra pizarra electrónica que permite gardar o traballo realizado e que nos envían ao correo electrónico.
Scriblink parece bastante máis completa, aínda que non tiven tempo de probala.

A web 2.0 e a revolución do ensino

jueves, 15 de mayo de 2008

Consellos para facer a declaración da renda


En Yahoo finanzas atópanse unha serie de interesantes consellos para facer a declaración da renda. Aínda non me puxen co tema; pero non está mal recibir algún asesoramento.

martes, 6 de mayo de 2008

Scribefire

Scribefire é unha extensión para o navegador Firefox que permite escribir as entradas para os blogs dende o propio navegador.
Aínda no probei, pero en Desde mi tarima din que vai moi ben. Haberá que probalo

sábado, 3 de mayo de 2008

Un canto a Galicia

Esta presentación que ten como fondo musical a canción de Julio Iglesias un canto a Galicia chamoume a atención porque entre as imaxes atópase a virxe do Carme que está no paseo marítimo do Cantiño na Illa de Arousa.
Recordo que cando os quintos decidiron construír unha virxe, en lugar de facer a festa, houbo moitas protestas e a calidade artística e oportunidade de dita virxe foron moi criticadas.
Este video foi feito en Alemaña, probablemente algún fillo de emigrante; pero entre as imaxes de Galicia escolleu a desta virxe.
Sempre pasa así. As obras son criticadas. Critícase a quen fai cousas que se apartan das normas; pero o tempo coloca cada cousa no seu sitio e a cada quen no seu lugar. E senón fixádevos na torre Eiffel: todo París protestou cando a construiron para poñer nela unha antena de transmisión dos actos dunha exposición universal. Hoxe é o símbolo de París.
Non chegaremos a tanto con esta virxe. Eso espero porque tamén eu fun dos que a criticaron. Agora afíxenme a ela e ata me gusta.


Ao pinchar ábrese a presentación. Para saltar a lectura da xeografía e a historia e pasar ás imaxes hai que pinchar no escudo de Galicia.

viernes, 2 de mayo de 2008

Deseñar actividades educativas

Nesta presentación expóñense as posibilidades que ofrece internet para deseñar novas actividades educativas. Trátase de empregar a rede para diversificar os métodos pedagóxicos, non para suplantalos como pretenden quen está en contra da aplicación das TIC (Técnicas de información e comunicación).
Desde o meu punto de vista non podemos rexeitar as novas posibilidades. É como se os antigos profesores non quixeran utilizar os libros cando se inventou a imprenta.