viernes, 31 de agosto de 2007

Técnica fotográfica

Atopei en Cheapshooter unha recopilación de 11 vídeos youtube sobre técnicas para mellorar a captación de imaxes fotográficas. Está en inglés; pero merecen a pena.
Exemplo do uso de flash no exterior:

Presentacións "on line"

Así como existen páxinas para publicar os nosos vídeos na rede (youtube, metacafe, ...), tamén podemos publicar as nosas presentacións ou diaporamas con imaxes que tañamos gardadas en Panoramio (española recentemente comprada por Google), FliKr, ...
Subín a Slideshare, quizáis o máis coñecido, algunhas das miñas presentacións en Power Point que agora tamén permite incorporar son. Acabo de descubrir myPlick que é moi similar e permite incorporar música ás presentación.
Outras páxinas permiten elaborar as presentacións "on line", como Prezentit que está en castelán e Spresent.
Mediante a incorporación dun código, as presentacións poden incorporarse nun blog ou web. Por exemplo esta que nos permite coñecer a pintura de Van Gogh.

jueves, 30 de agosto de 2007

Baixar vídeos da rede

Fai uns días necesitei baixar un vídeo que non era de youtube, polo tanto non me funcionaba Kissyoutube. Probei con youtube downloader, que teño instaldo no ordenador e nada. Non vai. Impoñíase buscar unha solución, e buscando en internet atopei ClipNabber que funciona iguial que os anteriores; pero que nos da a opción de seleccionar 24 webs de contidos multimedia, e unha máis que pode servir para outras que non se atopen na lista.
Tamén permite a conversión desde o formato flv, o usual neste tipo de páxinas e que require un programa especial para velos. Ademáis ten a vantaxe adicional de poder escoller o idioma español.

miércoles, 29 de agosto de 2007

Utilidades gráficas

En Mashable hai unha gran variedade de utilidades gráficas e multimedia. Atópanse programas de todo tipo para editar e manipular imaxes. Estiven probando myImager que permite retocar imaxes, elaborar botóns para webs e blogs, así como deseñar fondos.
Tamén hai editores de vídeo "online" e outras utilidades.

Diagramas de fluxo

Os diagramas son moi útiles para diferentes traballos. Tamén para incorporalos en presentacións. Flowchart é unha utilidade "online" para realizar diagramas na rede, sen necesidade de instalar un programa e que ten a vantaxe de permitir a colaboración de varias persoas na súa elaboración, podendo incluso chatear para dar as opinións persoais.
É unha utilidfade moi completa que permite incorporar cliparts e fotografías nos diagramas, así como escoller varios formatos e colorear, exportar e editar.

Pilas de azúcre

Leíno en Genciencia. Sony desenvolveu unha pila de azúcre que fai funcionar pequenos aparatos electrónicos.
Nesta outra páxina móstrase un bolso con panel solar que serve para recargar as baterías do móvil e outros aparatos.
Todo esto está moi ben para comezar a utilizar as enerxías alternativas e renovables.

Titoriais photoshop

Photoshop é un dos programas máis utilizados para manipular fotografías. Na rede atópanse moitos titoriais, algúns deles en vídeos descargables de youtube como se indicou nunha ficha anterior.
Pero nesta páxina hai unha recompilación de 60 titorias avanzados. Recomendable para aprender a utilizar mellor este programa.

martes, 28 de agosto de 2007

Fabricar unha lámpara cun lápiz

En Cienciadebolsillo hai utilidades científicas curiosas para converterse nun McGuiver. Por exemplo esta de facer unha lámpada de emerxencia cun lápiz e utilizando a batería do coche como fonte de enerxía. ¡Coidado coa corrente eléctrica que é perigosa!.

Turn A PENCIL Into A LIGHT ! - More amazing video clips are a click away

Compoñer música é moi fácil

Utilizando Jamstudio, unha aplicación "online", calquera pode compoñer unha canción, incluso sen ter idea de música.
Primeiro hai que escribir as notas dos acordes. Tendo un pouco de idea podemos compoñer nunha escala e tonalidade seleccionada; pero se non temos idea e pulsamos varias notas sobre o mástil da guitarra, o programa se encargará de que sonen ben.
Logo seleccionamos os instrumentos e os estilos. Podemos axustala ó noso ton de voz, realizando un cambio de escal en Key.
Para gardar a composición é necesario estar dado de alta.
Pódese empregar como música de fondo para unha presentación ou vídeo.

Baixar vídeos de youtube

En Kissyoutube podemos descargar os vídeos que nos interesen de youtube e transformalos no formato de vídeo que nos interese. Podemos ir á páxina e pegar o enlace ó vídeo que desexemos. Pero resulta máis fácil copiar e pegar no navegador o enlace de youtube e logo escribir kiss antes da palabra youtube. Por exemplo, se o enlace é http://www.youtube.com/watch?v=jyhT2v5DMwU, hai que escribila como http://www.kissyoutube.com/watch?v=jyhT2v5DMwU. Logo pulsar entrar e listo. Solo nos falta seleccionar o formato de vídeo e descargalo no disco duro.

Crear historietas online

En Storytop podemos crear historietas para incorporar nun blog ou nunha presentación, co obxecto de facela máis amena. Tamén Stripgenerator nos permite crear historiestas, ainda que neste caso son en branco e negro.
Podemos gardar as historietas na nosa conta para logo crear enlaces a un blog ou web, e tamén as podemos baixar ó noso disco duro.
Como exemplo fixen esta historieta:

viernes, 24 de agosto de 2007

Presentacións en Flash

Pasar unha presentación a flash é moi facil con Open Office. Hai que utilizar Impress, que é o equivalente a Power Point de Microsoft Office.
Se temos a presentación e Power Point podémola importar a Impress; pero tamén a podemos crear con Impress do mesmo xeito que se fai con Power Point.
Logo non temos máis que exportar como Macromedia Flash e colocala nunha páxina web ou blog para vela desde o navegador. Co programa SWFOpener tamén a podemos ver directamente sen necesidade de utilizar un navegador.
En Fle d'artifice hai unha presentación en flash que explica moi ben como utilizar Impress para elaborar un diaporama e colocalo nun blog.

Como facer unha boa presentación educativa

En Cosassencillas expóñense as regras para facer unha boa presentación educativa.
Por exemplo,a regra 10/20/30, de Guy Kawasaki, di que unha presentación non debe contar con máis de 10 diapositivas, cunha duración total de 20 minutos e un tamaño de texto mínimo de 30 puntos.
Tamén podemos considerar a regra 20/20: 20 diapositivas cunha duración de 20 segundos por diapositiva.
Para amenizar as presentacións débese manter o contacto visual coa audiencia e recorrer a anécdotas e algunha chispa de humor.
E aquí un exemplo de como non debe ser unha presentación:

miércoles, 22 de agosto de 2007

Almacén e retoque de imaxes

En Pikifx pódense subir imaxes do ordenador ou da rede, retocalas e baixalas ou gardalas nunha galería propia. Tamén se poden enviar por correo electrónico ou enlazalas a un blog oupáxina web como se fai en youtube.
Abaixo vai un exemplo de imaxe modificada con efectos de Pikifx.



Image Touched Up By www.pikifx.com

lunes, 20 de agosto de 2007

Videoteca online

En Divoox pódense ver vídeos en español sen necesidade de descargalos. O único é que se nos falta un códec de vídeo (Divx) que non teñamos instalado, ofrécenos a posibilidade de realizar dita instalación.

Debuxar animais


Para debuxar é convinte realizar un boceto previo que logo se vai completando, paso a paso, con máis detalles.
En Lifeandhealth pódense baixar páxinas en formato PDF (pinchar sobre a imaxe para realizar a conversión) para debuxar unha gran variedade de animais.

domingo, 19 de agosto de 2007

Interesante sección de música


En Cosas sencillas hai unha interesante sección de música que é recomendable visitar. Hai de todo.

Buscador de música

Nos enlaces situados na marxe dereita pódese acceder a un buscador de música mp3. Trátase de Franceradio. A música atopada pódese baixar ou enlazar a un blog ou páxina web.

Trucos para Photoshop

En Xyberneticos atopei unha interesante colección de trucos para usar con Photoshop. É recomendable para utilizar con propiedade este programa de manipulación de fotografías.

Música en ipod

Agora temos a música nun ipod virtual. Pódese cambiar de pista pinchando directamente na canción, saltar ou retroceder coas fechas dobres ou deter e continuar no triángulo inferior.

Televisións de todo o mundo

Para ver a televisión, escoller un país e o canal. Pinchar no triángulo de posta en marcha e esperar un pouco. Para parar, pinchar no cadrado. Control de sonido nas liñas verticais anteriores ó micrófono.
Pódese ver a televisión en windows media pinchando no círculo, ou a pantalla completa pinchando no cadrado situado á dereita, despois do micrófono.
Para ver as características do canal ou o menú, pinchar no cadrado de menú situado á esquerda