lunes, 30 de junio de 2008

Ciclo superior de Química Ambiental

Aberto o prazo de matriculación para o ciclo superior de Química Ambiental do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Formación de técnicos en xestión do Medio Ambiente.
Información no teléfono 986554847.

viernes, 27 de junio de 2008

Asterix e Obelix de vacacións na Illa de Arousa

Da man do ilustrador Rafael Losada, que impartirá clases de debuxo de comic aos rapaces, os eroes galos do cómic serán debuxados polos rapaces da Illa de Arousa.
A noticia é recollida pola Voz de Galicia e o Diario de Arousa.

domingo, 8 de junio de 2008

Un bo paraugas

Un bo paraugas é o que nos fai falla para afrontar o cambio climático que se aveciña. Neste vídeo ponse a proba un paraugas contra furacáns. Non creo que salga ao mercado porque non sería un bo negocio. Probablemente se poidan mercan en Umbrellatime.

Galicia en imaxes

Est video de youtube mostra varias imaxes de Galicia entre as que predominan as fotos da Illa de Arousa. As imaxes son de Alicia Moya e o fondo musical de Luar na Lubre.

sábado, 7 de junio de 2008

Descarga de iconos

En Cosas sencillas descubro Freeiconsdownload onde se poden descargar iconos de gran calidade. Hai unhga gran cantidade de coleccións para tódolos gustos e situacións.
Os iconos son recursos gráficos para mellorar a calidade das webs, blogs e presentacións, engaddindo imaxes que reforzan os contidos. Recordemos que unha imaxe vale por mil palabras. Ademáis unha páxina que soamente contén textos non resulta amena.

viernes, 6 de junio de 2008

Buscvador de arquivos PDF

Utilizando Google podemos buscar arquivos PDF utilizando a busca avanzada. Pero o buscador PDF ten a vantaxe de buscar un fragmento ou unha frase dentro do texto do documento, coas vantaxes que supón para atopar un documento sobre un tema do noso interese.

domingo, 1 de junio de 2008

Crear favicons

Os iconos ico son útiles para facer que o noso pendrive ou CD-DVD mostre un icono persoalizado cando o introducimos no ordenador ou cando se abre a nosa páxina web. Hai programas que permiten elaboralos, pero xeralmente son pouco utilizados e ocupan espacio no disco duro e na memoria do ordenador. Resulta interesante ter a posibilidade de crear os arquivos gráficos ico mediante utilidades en liña como Bradicon. A través de Bitelia descubrín esta utilidade para transformar imaxes en iconos.
En Internet hai outras páxinas nas que elaborar iconos online: Genfavicon, Dynamicdrive, Favicongenerator, etc.
Para utilizar o picono creado no pendrive e outras utilidades visita este enlace.