Os iconos ico son útiles para facer que o noso pendrive ou CD-DVD mostre un icono persoalizado cando o introducimos no ordenador ou cando se abre a nosa páxina web. Hai programas que permiten elaboralos, pero xeralmente son pouco utilizados e ocupan espacio no disco duro e na memoria do ordenador. Resulta interesante ter a posibilidade de crear os arquivos gráficos ico mediante utilidades en liña como Bradicon. A través de Bitelia descubrín esta utilidade para transformar imaxes en iconos.
En Internet hai outras páxinas nas que elaborar iconos online: Genfavicon, Dynamicdrive, Favicongenerator, etc.
Para utilizar o picono creado no pendrive e outras utilidades visita este enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario