sábado, 26 de enero de 2008

A Deputación de Pontevedra utiliza as técnicas de Stalin contra Rivera Mallo

Foto do ex-alcalde de Vilagarcia de Arousa en 1986.
Fotomontaxe da mesma foto en 2007 na presetación dun libro titulado "Vilaxoán, A Coral, O San Martín e o Campión Pantera", editado pola Deputación de Pontevedra e presentado polo seu presidente Rafael Louzán antes das eleccións de maio de 2007.
Rivera Mallo era alcalde do PP e por cuestións políticas marchou do partido.
Nestas eleccións presentábase por independiente ao concello de Vilagarcia.

jueves, 10 de enero de 2008

Chamadas telefónicas gratis

En unijimpe acábome de enterar da existencia dun servicio "online" para facer chamadas gratuítas a teléfonos fixos de diferentes países. Chámase Flashphone e aínda que no probei, na páxina de referencia din que funciona.
Hai que darse de alta e soportar o envío de publicidade ó correo electrónico; pero pódese crear un correo específico para este servicio.

lunes, 7 de enero de 2008

Sala de videoconferencia

Vía Genbeta acabo de descubrir MeBean, unha aplicación web que nos permite crear unha sala de videoconferencia no momento que necesitemos, sen necesidade de darse de alta nin outro requisito. Permite crear un enlace que lle podemos enviar ás persoas coas que queiramos conversar.
Permite transferir audio, vídeo e chat.
Pode ser interesante.

sábado, 5 de enero de 2008

Tutoriais de Photoshop

Vía Cosassencillas descubro estes 55 tutoriais de efectos para Photoshop, interesantes para mellorar as nosas fotografías.