lunes, 24 de marzo de 2008

Transformar as presentación Power Point en vídeo

Vía Genbeta entérome da existencia de Free PowerPoint Video Converter que permite transformar as presentacións en vídeo. Deste xeito pódense subir a youtube.

Editores de imaxes online

A través de Labloguería descubro tres interesantes aplicación para modificar imaxes. Son Fotoflexer, Befunky e Reshade.
O primeiro é para realizar efectos creativos, o segundo para converter as imaxes en debuxos e cómics e o terceiro ampliar o tamaño das imaxes sen perder calidade.
Tamén se atopa VectorMagic que permite a vectorización de imaxes bitmap e onlineimageeditor permite crear efectos animados.

Editores gráficos online

A través de Lablogueria descubro unhas interesantes páxinas para modificar imaxes e crear comics a partir de fotografías. Son Befunky para crear comics e Fotoflexer para manipular fotos.

domingo, 23 de marzo de 2008

Imaxes teridimensionais animadas

En Animoteca hai unha colección de imaxes tridimensionais animadas que podemos enpregar en diversas actividades.
En Classroomplicart temos un banco de imaxes clipart.

sábado, 22 de marzo de 2008

Bancos de sons e imaxes

Para elaborar presentacións e exercicos interactivos ás veces necesitamos engadir sons. Pois ben, hai en internet bancos de sons. Aquí van algunhas:
Cantos de aves.
Gifs animados de animais.
Banco de datos de Ministerio de Educación.
Sons de animais.
Soundsnap é unha comunidade de ususarios que comparten efectos de son.
En Findsounds e Wavcentral tamén se poden buscar arquiivos de son en inglés.
Outro banco de sons en Soungle.
Enlaces a arquivos de son.

domingo, 16 de marzo de 2008

Debuxos a partir de fotos con Photoshop

En Blogvecindad atopo un enlace a Psdtuts onde nos explican como transformar unha imaxe fotográfica nun debuxo. Os resultados son estes:

Tamén hai un enlace aos máis increibles tutoriais de Photoshop e 100 tutoriais para Photoshop.

sábado, 15 de marzo de 2008

Creación de logotipos on line

En Creativos online indícanos 8 enlaces para crear logotipos e botóns online para as nosas páxinas web, presentacións, etc.
Ahí vai unhaa mostra.

O noso representante en Eurovisión

Certamente, o festival de Eurovisión está bastante desvirtuado. Non é o que era na España franquista cando un triunfo español no estranxeiro era considerado un triunfo do réxime.
A canción, e o cantante, que nos representarán este ano están cheos de polémica. Un bodrio de canción tanto na letra como na música e un intérprete que nin é cantante nin sabe cantar. Pero quen sabe, en Eurovisión non gañan os mellores (por eso está desvirtuado) e posiblemente se busca chamar a atención polo absurdo.
En fin, esta é a canción que nos vai representar. Ata estaba mellor a versión sen adaptar ás normas do festival. Sería un orgullo gañar con esto?

sábado, 8 de marzo de 2008

Mártires da Arousa foi unha das cancións máis votadas da semana

Esta semana a canción "Mártires da Arousa" foi unha das máis votadas en Hispasonicos. Certamente as descargas diminuiron desde que é necesario estar dado de alta para descargalas e votalas. Darse de alta é moi facil.
Recordamos que as cancións pódense descargar pulsando aquí.

domingo, 2 de marzo de 2008

Plantillas para PowerPoint

En Cosassencillas hay enlaces a 10 páxinas nas que se poden descargar plantillas para PwerPoint. Hainas gratis e de pago.

Crear folletos a partir de documentos PDF

En Genbeta atopei unha interesante utilidade que resolve un problema que tiña coa impresora. Trátase de BookletCreator, unha utilidade "on line" que permite crear folletos a doble páxina que logo se poden grapar ou encuadernar como se fose un libro.
Coa impresora teño conseguido este efecto despois de botar a perder varias follas. Con esta aplicación soluciónase o problema.