domingo, 30 de septiembre de 2007

Libros dixitais

Xa podemos crear o noso libro dixital cun programa gratuíto. Trátase de Booksmart, un sitio no que logo podemos solicitar a impresión en papel dos exemplares que queiramos en papel de gran calidade.
Pero o programa é gratuíto e podemos usar a nosa impresora, e pódese descargar desde esa páxina ou pinchando aquí.
Inconveniente: Hai que ter o progama instalado para ver o libro no ordenador.
Solución: Imprimilo como PDF se temos algún programa a tal fin.

Ten unha pega: ao imprimir (impresora ou PDF) sae unha marca publicitaria de auga que desmellora un pouco o traballo.

sábado, 29 de septiembre de 2007

PowerPoint a flash

Xa fai tempo que ando buscando unha forma axeitada de transformar as presentacións PowerPoint a Flash, co obxecto de publicalas en internet.
Hai varias formas: pódese facer "on line" con Slideshare, o youtube das presetacións.
Tamén o Impress de OpenOffice permite exportar as presentacións creadas con este programa gratuíto (competencia do PowerPoint) a Flash. Permite importar as presentacións de PowerPoint ou crealas directamente.
O problema é que estes programas non respetan as animacións e tránsitos de pantalla, e ás veces aparecen erros graves nas presentacións finais.
Pero fai uns días resolvin definitivamente o problema instalando FlashSpring. Este programa respeta todo canto temos na nosa presentación: transicións, animacións, sonido ... A presentación queda tal cual a tíñamos orixinalmente. Pero ademáis permite incorporar arquivos Flash dentro das presentacións PowerPoint como se unha diapositiva máis se tratara. Imaxinádevos: podo incorporar un vídeo de youtube na presentación.
Para colmo, este programa é gratis. Claro que hai un pequeno detalle: a versión de proba non caduca pero incorpora á presentación publicidade do programa. Para evitala hai que mercar o programa. A versión con publicidade é totalmente operativa, igual á comercial pero cunha liña inferior de publicidade, que tampouco molesta tanto.
Ah! E xa me esquecía. É facilísimo. O programa incorpora iconos en PowerPoint, Ábrese a presentación, con dous clics faise a transformación: icono publish e outra vez en publish na ventá emerxente. Esperar e listo.
Os outros dous botóns son para incorporar arquivos de son ou de flash na (ou nas) diapositivas.

Redimensionar imaxes

En Rsizr pódense redimensionar as imaxes "on line" empregando o algoritmo Seam Carvin, un novo método intelixente que protexe a calidade da imaxe e vai a ser incorporado na próxima versión de Photoshop.

lunes, 24 de septiembre de 2007

Como crear un Wiki

Uso educativo dos blogs

Ferramentas educativas

Wikis educativos

Elaborar unha caza de tesoros

En esta presentación explícase como elaborar este recurso educativo para as clases

Tutoriais en videoclip

Na páxina Tutoriales hai unha colección de videoclips explicando gran variedade de temas informáticos.

Efectos de son

Para certos traballos necesitamos, ademáis das imaxes, algún efecto de son. Sen embargo non resulta tan fácil atopar sons como imaxes.
En FindSounds hai unha gran variedade de sons agrupados en varias categorías.

domingo, 16 de septiembre de 2007

Karaoke online

Nunha entrada anterior recomendaba unha páxina para crear música online. Hoxe vai unha para demostra-las dotes de cantante.
Trátase de Redkaraoke, unha páxina de karaoke na que se pode escoller un estilo e unha canción. Recoméndase practicar antes de decidirse a grabar a nosa canción. Unha vez grabada pode enlazarse a un blog. Tamén se pode votar polas mellores versións grabadas.
Non me atrevín a grabar a miña propia canción; pero aquí vai a versión dun dos máis votados por esta canción de Amistades Peligrosas, Me haces tanto bien.
Sintoo; pero non puiden incorporar a canción no blog. O enlace á mesma aquí.

Me haces tanto bien - Red Karaoke
Por fin dei co erro no código para Blogger. Ao final do código que hai que pegar no blog débese engadir (/embed) entre os símbolos menor (<) e maior (>)

domingo, 9 de septiembre de 2007

Ciclo de Química Ambiental no IES A Basella

Ciclo Superior de Química Ambiental

Viñeta

Unhas viñetas educativas esplicando o que é un ecosistema. Non puiden acentuar as palabras. A ver se atopo como facelo.





sábado, 8 de septiembre de 2007

Videoclip

Videoclip sobre a Illa de Arousa

viernes, 7 de septiembre de 2007

Máis sitios para crear viñetas

En Toondoo pódense crear viñetas dunha calidade bastante boa. Non conseguín poñer o acento aos textos; pero supoño que se poderá. É necesario rexistrarse. Como exemplo esta creada nuns minutos:


En Makebeliefscomix non é necesario rexistrarse; pero os debuxos son en branco e negro e non están tan ben logrados.
Tamén en What's New hay unha colección de recursos para crear comics online.

martes, 4 de septiembre de 2007

Correo con dirección personalizada

Acabo de atopar unha curiosa forma de personalizar a dirección de correo electrónico.
En Correoteca podemos escoller a dirección do noso correo electrónico seleccionando entre varias alternativas: deportes, xentilícios, informática, música,... Dentro de cada categoría hai varias alternativas. En fútbol, por exemplo, entre os equipos de primeira división podemos escoller unha dirección do tipo: eu@deldepor.es.
En xentilicios podemos escoller unha dirección do tipo: eu@gallego.es
Sintoo polos do celta, que ó estar en segunda división non ten asignado o dominio; pero non é problema porque se pode solicitar calquera dominio que poida ter demanda.
O problema é que non ten moita capacidade de almacenamento (uns 50 Mb)
Esta é a pantalla que nos aparece para seleccionar a opción se somos deportivistas:

Crear videoclips

Acaba de inaugurarse Animoto, unha aplicación "online" que permite crear automática e facilmente videoclips a partir dunha música e dunhas imaxes seleccionadas polo autor.
En poucos minutos crearemos un videoclip de apariencia profesional, listo para subir a youtube.
Claro que en youtube hai varios millóns de vídeos e resulta moi difícil que alguén se fixe no noso. Para chamar a atención sobre a nosa creación é necesario promocionalo. Esteban Panzera explícanos como facelo gratis.
Este é o videoclip promocional:

Que é a Web 2.0?

Desde fai algún tempo vense tratando en internet do concepto Web 2.0. Tiña un concepto de que con este termo se facía referencia a webs interactivas; pero non o tiña totalmente claro.
Pois ben, en wwwhat's new atopei unha imaxe que o clarifica todo (é certo que unha boa imaxe vale máis que mil palabras).
Esta é a imaxe en cuestión:

Viño tinto contra o cáncer

Nas noticias de hoxe, a Voz de Galicia informa que investigadores da Universidade de Alabama descubriron que o resveratrol, unha substancia que se atopa no viño tinto, reduce os riscos de padecer cancer de próstata e de mama en ratos.
Xa fai tempo os investigadores asociaron o resveratrol coa diminución de colesterol e outras melloras para a circulación sanguínea.
Tamén se sabe que o consumo de froitas e verduras prevén o desenvolvemento de gran variedade de cánceres e outras melloras para a saúde. Realmente, xa desde moi antigo, o consumo de froitas na alimentación é considerado como unha forma de mediciña preventiva e incluso curativa.
Recomendan os científicos consumir un vaso de viño diario, e como máximo dous, completando o aporte de resveratrol con froitas ricas nestas substancia: uvas, frambuesas e arándanos, xa que o consumo excesivo de viño tamén ten consecuencias negativas para a saúde.
Na prensa de hoxe tamén se advirte da posible relación entre o uso de desodorantes co cáncer de mama, xa que se atoparon elevados niveis de alumnino en mulleres sometidas a masectomía.
O aluminio é o principal elemento antitranspirante empregado nos desodorantes.

domingo, 2 de septiembre de 2007

Música científica

É evidente que os instrumentos musicais teñen unha base científica na que xoga un importante papel as matemáticas. A vibración das ondas do aire que producen os instrumentos ten a súa explicación na física.
Pero este vídeo mostra a curiosidade dun novo instrumento, ou mellor dito, mostra como se pode producir música a partir da voltaxe desprendida por dúas bobinas telstar que fan vibrar o aire producindo diferentes tonalidades.

Os átomos

E xa que falamos de Ciencia, quixera comentar que o Universo está formado a partir da evolución dun único elemento, o Hidróxeno. Os rapaces que comezan a estudiar a Química teñen moitos problemas coa táboa periódica que debe esa periodicidade ós diferentes pasos evolutivos da materia. Atopei, gracias a Genciencia, a páxina Atoms na que podemos observar como son os elementos da materia do Universo.
É moi útil para os estudiantes xa que mostra o número de protóns, as capas, o número de electróns por capa e as órbitas libres.
Xa dicían os filósofos da antiga Grecia que a materia estaba formada por terra, auga e lume. Tamén dicían que a materia estaba formada por átomos. Os átomos necesitan enerxía (lume) para evolucionar a outros elementos. En fin, que non estaban moi equivocados nas súas teorías.
Completo coa imaxe do hidróxeno, o elemento básico do Universo, que ó xuntarse co osíxeno produciu a molécula de auga (o elemento que falta na tríada dos antigos gregos).

Novidades Google Earth

Aínda non instalei o novo Google Earth que incorpora Sky, un mapa do ceo. Pero acábome de enterar en Genbeta que tamén inclúe un simulador de vó que se activa con CTRL+Alt+A. Escóllese aeroporto e avión e faise avanzar con AVPág. Despégase con frecha abaixo, coas frechas esquerda e dereita xiramos, diminúese a velocidade con RePág. Descéndese con frecha arriba, e haai máis teclas con outras funcións.
Xa podemos sobrevoar virtualmente por riba da nosa casa. Teño que instalar a nova versión para probar.

Maxia e ciencia

Os magos e os druidas eran os antigos coñecedores da ciencia. Recorrían á maxia para causar admiración entre os seus concidadáns.
Actualmente a ciencia e a maxia son conceptos diferenciados. Consideramos a maxia como un truco ou engano con fins de diversión.
Pero os magos recorren á ciencia para elaborar os seus trucos. En entradas anteriores vimos algúns exemplos de ciencia máxica. No campo das ilusións ópticas teríamos unhaa gran multitude de exemplos. A maxia científica é empregada polos máis grandes magos da actualidade. En Comolohizo explícannos a base científica de moitos trucos de maxia.
Fíxome moita gracia este truco do gran xenio Juan Tamaríz (xenio da maxia e do humor). Por certo, se vos fixades un pouco pódese ver como o fixo.

sábado, 1 de septiembre de 2007

Maxia da cinta de Moebius

A cinta de Moebius é coñecida por tódolos galegos xa que é o logotipo de Caixanova. Posúe unhas características que é utilizada polos magos para demostrar os seus poderes; pero non se trata de maxia senón de ciencia pura.
Ten unha soa cara. Cando se corta seguindo asúa cara obtemos unha cinta máis longa. Bueno, mirade este vídeo para coñecer máis dos seus poderes.

Camiñar sobre un líquido

No prograqma de televisión El Hormiguero (que se mostra no vídeo de youtube), varias persoas camiñaron sobre un líquido. A explicación é que se trata dun fluido non newtoniano que se conseguiu cunha dilución de almidón en auga. Segundo explican en Genciencia, nun líquido non newtoniano cando se exerce unha presión aumenta a súa viscosidade. Cando os protagonistas deixan de camiñar fúndense no líquido.

Trucos para buscar na rede

Todos sabemos buscar información nos buscadores, o malo é que non sempre sabemos buscar ben para atopar o que realmente buscamos.
Moitas veces tiven que buscarlle a outras persoas a información na rede porque elas non sabían buscar.
Realmente non é tan complicado; pero non nos preocupamos de utilizar ben os buscadores.
En Xyberneticos explican como buscar. Así que se recomenda a visita.
E non utilicemos soamente gogle. Hai outros buscadores moi bos como o europeo Seekport, ou Yahoo que están á altura de Google, e non vos esquezades dos metabuscadores (buscan en tódolos buscadores) como Metacrawler, Ixquick que tamén é un buscador telefónico, Buscamultiple.
Tamén hai buscadores de páxinas galegas como Websgalicia, Galiciacity, Miradoiro e Paxinas.
E para buscar música, vídeos e programas: Dilandau.

A Rianxeira

Música típica da Ría

Rexistro das obras musicais

As obras musicais e calquera outra que se acolla á propiedade intelectual (textos, imaxes, inventos, ...) deben protexerse no Rexistro da Propiedade Intelectual para evita-lo plaxio. Como podemos reclamar que sexan nosas?
A primeira vez un anda desorientado. Fun á delegación e alí explicáronmo moi claro; pero en Informáticamusical temos unha completa explicación e podemos baixar os documentos que logo nos pedirán na oficina do rexistro.
A obra individual custa uns 12 euros. Pero si inscribimos varias temas como parte dunha obra podémonos aforrar bastantes cartos. Se non recordo mal, por 15 euros inscribín un feixe delas.

Curso de harmonía musical

Michel Barón ofrécenos un curso de harmonía musical que está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán e o galego. Pode ser descargalo en formato comprimido zip, que ó abrilo mostra unha páxina web na que podemos escoller o idioma.
Na páxina hai un programa para practica-los exercicios, así como unha actualización dos exercidios.
Pinchando aquí pode descargarse directamente o curso comprimido en formato zip. Hai que respectar as normas de uso: pedagóxico, indicar a fonte, non facer un uso comercial, informar ó autorsobre o seu uso.

Curso completo de fotografía en vídeo

Realmente me pareceron interesantes os vídeos do curso de fotografía que fun colocando nas entradas anteriores. Tanto que case estaba decidido a incorporalos todos.
Pero pensei que debían proceder de algunha páxina de internet. Púxenme a buscar e efectivamente atopei a recopilación dos vídeos do curso en ViktorStudios.
Se non se ve a imaxe (pasoume a min) é pola configuración do navegador. En todo caso hay a opción de Trauko's onde fan a recopilación que pensaba facer eu. Evidentemente, hai que empezar de atrás para adiante.
Tamén se poden baixar os vídeos con kiss e recopilalos ordeadamente.

Uso do trípode

Hei de confesar que teño varios trípodes pero que os uso pouco porque ocupan espacio e resulta incómodo ir cargado con cámaras, obxectivos, filtros, ...
Pero a boa calidade dunha foto depende dun trípode, e en especial nas fotos da natureza e de paisaxes.
Xa que me metín no tema da fotografía, un dos meus "hobbies" predilecto, e que atopei uns interesantes vídeos en youtube, decidín incoirporar neste blog algún deses vídeos para compartilos e facerme a mín mesmo a acordante de que debo sacar os trípodes do armario.

Técnica fotográfica 2

Sabías que a máxima calidade obtense en diaframas intermedios? Coñeces as claves para compoñer paisaxes?. Estes e moitos máis aspectos son tratados nas diferentes categorías do blog de J. García.
Tamén é interesante o blog de Sergio de la Torre que inclúe as categorías de técnica fotográfica, software, e trucos onde, por exemplo, nos explica como limpar o sensor da cámara dixital.
Na web DeCámaras explícanse as técnicas fotográficas para utilizar un filtro polarizador, obter fotos da lúa ou colocar os obxectos no punto de interese da foto.
No blog de Javier Vallas atopamos categorías sobre técnica, retoque, programas e restauración.
En dzoom trátase ampliamente o tema da técnica fotográfica. é un verdadeiro manual. Ademáis hai outras categorías interesantes como blricolaxe, consellos, programas e trucos. Os principiantes, e non tanto, poden comezar neste "post".
Tamén é interesante un curso básico de fotografía. Está en italiano pero lese ben.
En d-foto hai un curso básico de fotografía en castelán, que podemos ampliar en difo.
Para cando a foto xa está feita podemos consultar os tutorias de retoque de ojodigital.
Obteremos así unhas fotos de gran calidade para incorporar nas presentacións, compartir cos amigos ou publicar para obter beneficios da nosa afición.
Tamén en youtube hai vídeos de cursos de fotografía. Por exemplo este sobre o emprego do diafragma e a velocidade de obturación.