Xa fai tempo que ando buscando unha forma axeitada de transformar as presentacións PowerPoint a Flash, co obxecto de publicalas en internet.
Hai varias formas: pódese facer "on line" con Slideshare, o youtube das presetacións.
Tamén o Impress de OpenOffice permite exportar as presentacións creadas con este programa gratuíto (competencia do PowerPoint) a Flash. Permite importar as presentacións de PowerPoint ou crealas directamente.
O problema é que estes programas non respetan as animacións e tránsitos de pantalla, e ás veces aparecen erros graves nas presentacións finais.
Pero fai uns días resolvin definitivamente o problema instalando FlashSpring. Este programa respeta todo canto temos na nosa presentación: transicións, animacións, sonido ... A presentación queda tal cual a tíñamos orixinalmente. Pero ademáis permite incorporar arquivos Flash dentro das presentacións PowerPoint como se unha diapositiva máis se tratara. Imaxinádevos: podo incorporar un vídeo de youtube na presentación.
Para colmo, este programa é gratis. Claro que hai un pequeno detalle: a versión de proba non caduca pero incorpora á presentación publicidade do programa. Para evitala hai que mercar o programa. A versión con publicidade é totalmente operativa, igual á comercial pero cunha liña inferior de publicidade, que tampouco molesta tanto.
Ah! E xa me esquecía. É facilísimo. O programa incorpora iconos en PowerPoint, Ábrese a presentación, con dous clics faise a transformación: icono publish e outra vez en publish na ventá emerxente. Esperar e listo.
Os outros dous botóns son para incorporar arquivos de son ou de flash na (ou nas) diapositivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario