sábado, 23 de febrero de 2008

Novo buscador jallejo para competir co Google

Acábome de enterar en Na Illa que temos un novo buscador para Jalisia. Este buscador respeta a fala da Ría de Arousa, usando a jeada e o seseo. Non se está empesando a reivindicar as lenjuaxes minoritarias, ¿ou chamarlle mellor dialectos? senón dunha páxina humorística de utilidá.
É ijual, sea como sea non deixa de ter importansia que poidamos utilisar un buscador jallejo da importansia de jujel.
Polo de pronto, nós puxémoslle un enlase permanente no menú inisial para que todos poidamos jujelear en jallejo.

jueves, 14 de febrero de 2008

Campaña día da dislexia

A Federación de Dislexia de España está a recoller firmas para declarar o día 8 de novenbro día nacional da dislexia.
Sendo a dislexia unha discapacidade transitoria que afecta aos rapaces en idade escolar, que require polo tanto unha atención á diversidade de métodos de aprendizaxe que os profesores non sempre están dispostos a darlle, penso que é moi importante apoiar a estes rapaces que xeralmente son moi intelixentes e aos que si se lles da a oportunidade poden chegar a ser personalidades ilustres, como por exemplo Einstein, Leonardo da Vinci, Tomás Edison e o español premio nobel de literatura Juan Ramón Jiménez.
Apoiar esta iniciativa é unha boa causa.
Acceso ás firmas

miércoles, 13 de febrero de 2008

Querer é poder

Hay quen con dúas máns non é capaz de aprender a toca-la guitarra e este tipo foi capaz de aprendela a tocar sen brazos.