miércoles, 31 de octubre de 2007

Novo rumbo da Teoría da Conspiración

A sentencia do 11M rexeita a teoría da conspiración deixando un baleiro e desasosego nun amplo sector da poboación que se deixou seducir polas ocorrencias (... a lo mejó)dalgúns políticos e un grupo de supostos periodistas de investigación que quedaron como uns verdadeiros desertores do arado e da vasoira.
Como nos da moita mágoa toda esa xente desamparada, nós propoñemos unha alternativa para darlle un novo enfoque á teoría da conspiración.
Aquí vai a nosa teoría:
Comezaremos co símbolo do euro. Se o vamos xirando cada 90 graos no sentido das agulla do reloxio, que observamos?.

Efectivamente, o 11 M en Madrid.
Tampouco fai falla ser moi listo para ver que as torres xemelas están atravesadas por unha ruta, a dos avións que impactaron nelas. Polo tanto, a clave agochada neste símbolo é que o atentado debía ocorrer o 11 de marzo posterior ao derrubamento das torres xemelas.
Pero hai máis mensaxes. Se xiramos 180 graos podemos ver un E en azul bordeado por liñas amarelas, inicial do apodo do dirixente do atentado: o Exipzio.
Non para aquí a cousa: as dúas liñas centrais representas as vías do tren e a circular exterior unha estación, o lugar do atentado sería unha estación de tren.
Se lle damos outro xiro podemos ver á esquerda a letra G, no medio o dous en números romanos e á dereita a letra D. Máis claro auga: empregaríase goma 2, dinamita.
A imaxe especular do símbolo do euro (imaxe 3) indica de onde procedería a dinamita. A ver se o adiviñades.
Efectivamente, o “a” de Asturias.
Ímolo a ler agora secuencialmente como se fora un xeroglífico:
A primeira figura di: Cando estean caídas as torres xemelas pola traxectoria duns avións.
A segunda di: e sexa o 11 de marzo en Madrid.
A terceira di: o Exipzio provocará un atentado (fixarse no “a”) nunha estación de tren
A cuarta di: utilizando goma 2, dinamita.
Pero aínda hai máis. Con que moeda cobrou Trashorras?: Con euros. Non é unha coincidencia?, eh? Eh? ...
Non nos esquezamos que España estivo invadida durante 800 anos polos árabes, e que anque foron expulsados polos reis católicos, algúns quedaron entre nós.
Queda así demostrado que certamente existiu unha conspiración dirixida por un ou varios autores intelectuais que gobernan a política da Unión Europea. Está implicada xente de alto nivel. Este é o camiño que deben seguir agora os periodistas de investigación dirixidos por Giménez Losantos.
Nós rematamos aquí a nosa investigación; hai que deixar que os periodistas fagan o seu traballo; pero aí vai outra pista; se dobramos un billete de euro adecuadamente dinos que é ZP. Pero ... que é ZP? a víctima ou o verdugo?. E quen é ZP? Apatero ou Zaplana?, No medio do apodo Exipzio tamén atopamos a ZP ó revés, que significará esto?

Como vedes hai caña dabondo.
Exipzio con Z non é unha falta de ortografía: escríbese con z igual que nun recente vídeo do PSOE se usa o zeta para todo son ce. Vedes como todo encaixa?
Pero xa paramos porque temos a sensación de aproximarnos demasiado á clave, poñendo en perigo as nosas vidas. Agora é o turno de Giménez Losantos.

A Última Cea de Da Vinci en alta resolución

Xa está dispoñible a Última Cea de Leonardo Da Vinci a unha resolución de 16 billóns de pixels.

martes, 30 de octubre de 2007

Vectorización de imaxes

As imaxes vectoriais teñen a vantaxe de que non perden calidade por moito que as ampliemos; pola contra, teñen un limitado número de cores, razón pola que nas fotografías se empregan os mapas de bits.
En Vector Magic podemos transformar "online" as imaxes en mapa de bits a vectoriais, por exemplo para elaborar un poster ou un logotipo.
Recomendable.

viernes, 26 de octubre de 2007

Aforrar nas chamadas aos números 900

Acabo de atopar No más numeros 902, unha interesante páxina para evitar ter que pagar abusivamente polas chamadas aos números 901 e 902.
Pinchando no buscador e escribindo o número 900 ao que queiramos chamar (todo xunto sen espacios ou en grupos de 3 díxitos) e pulsando nos resultados indícanos o número correspondente para facer a chamada a un número normal no que podemos falar de forma gratuita ou sen ter que pagar as elevadas cuotas dos números 900.
O servicio vaise ampliando coa participación cidadà, motivo polo que se non aparece o teu número podes solicitalo.
Tamén se pode buscar polo nome da empresa a que se queira chamar.
Tamén hai un blog con interesante información.

No mas numeros 900 - Aprende a llamar gratis: Novedad: el wiki anti 902

sábado, 20 de octubre de 2007

Curso Jclic


En edugaliza teñen a intención de ofertar cursos gratuitos sobre creación de actividades educativas interactivas. Neste momento está a disposición un curso de JClic.

Crear facilmente webquests

En Aula21 ofrecen un sinxelo creador de webquests. Cúbrense os apartados correspondentes, engádense as imaxes que queiramos e a combinación de cores que máis nos gusten e os enlaces apropiados. Púlsase en crear e podemos imprimila ou gardala en formato html para subir a unha web.

lunes, 15 de octubre de 2007

Barra de ferramentas para OpenOffice

Writer’s Tools é unha extensión gratuíta para OpenOffice.org que engade unha barra de ferramentas coas seguintes funcións.

Buscar o significado de palabras en diferentes diccionarios online.
Traducir textos entre diferentes idiomas utilizando Google Translate.
Buscar nun mapa a localización dun texto seleccionado (cidade, dirección…)
Enviar por correo electrónico o documento actual.
Gardar o documento co que estamos traballando en DOC, TXT y RTF simultáneamente.
Gardar o documento nun servidor FTP remoto.
Crear un Wiki cos diferentes documentos de OpenOffice.org que temos no noso ordenador.
Controlar o tiempo que pasamos traballando.
Engadir textos, enlaces e notas a unha base de datos de forma que nos resulte fácil insertalos de novo en algún outro momento.

Antivirus online

Online malware realiza un escaneo do noso ordenador para buscar os virus. A tal fin utiliza unha colección de antivirus (A-Squared, AntiVir, ArcaVir, Avast, AVG Antivirus, BitDefender, ClamAV, CPsecure, Dr.Web, F-Prot Antivirus, F-Secure Anti-Virus, Fortinet, Kaspersky Anti-Virus, NOD32, Norman Virus Control, Panda Antivirus, Rising Antivirus, Sophos Antivirus y VirusBuster).
Parece un servicio interesante para escanear de cando en vez o noso ordenador.

sábado, 13 de octubre de 2007

Publicar periódicos e revistas

Para publicar periódicos, revistas, folletos, boletíns, posters, liboros, etc., hai un programa gratuíto que está á altura dos máis caros programas de edición deste tipo. Chámase Scribus. Preséntase en varios idiomas, un deles o portugués. De momento non hai versión en castelán. Tampouco en galego. A última versión é a 1.3.4 e está dispóñible para varios sistemas operativos.

domingo, 7 de octubre de 2007

Mapas con curvas de nivel

En EarthTools podemos ver os mapas de Google Esarth con curvas de nivel, o cal é interesante para coñecer os desniveis do terreno. Tamén para certos traballos relacionados cos métodos SIX (sistemas de información xeográfica).
Sirva como exemplo a imaxe da Ría. Pódense ver as curvas sobre o mapa ou sobre a imaxe de satélite.
Este é o mapa da Ría de Arousa.

miércoles, 3 de octubre de 2007

Videoclip sobre a Arousa

En Na Illa atopamos o enlace a este interesante vídeoclip ubicado nunha páxina francesa. Quen o fixo coñece ben a Illa de Arousa, non coma quen fixo a páxino oficial do Concello.

martes, 2 de octubre de 2007

Conferencia sobre educación do fiscal de menores de Granada

Moi interesante me pareceu esta conferencia de Emilio Calatayud.
Pinchar aquí para vela.