A sentencia do 11M rexeita a teoría da conspiración deixando un baleiro e desasosego nun amplo sector da poboación que se deixou seducir polas ocorrencias (... a lo mejó)dalgúns políticos e un grupo de supostos periodistas de investigación que quedaron como uns verdadeiros desertores do arado e da vasoira.
Como nos da moita mágoa toda esa xente desamparada, nós propoñemos unha alternativa para darlle un novo enfoque á teoría da conspiración.
Aquí vai a nosa teoría:
Comezaremos co símbolo do euro. Se o vamos xirando cada 90 graos no sentido das agulla do reloxio, que observamos?.
Efectivamente, o 11 M en Madrid.
Tampouco fai falla ser moi listo para ver que as torres xemelas están atravesadas por unha ruta, a dos avións que impactaron nelas. Polo tanto, a clave agochada neste símbolo é que o atentado debía ocorrer o 11 de marzo posterior ao derrubamento das torres xemelas.
Pero hai máis mensaxes. Se xiramos 180 graos podemos ver un E en azul bordeado por liñas amarelas, inicial do apodo do dirixente do atentado: o Exipzio.
Non para aquí a cousa: as dúas liñas centrais representas as vías do tren e a circular exterior unha estación, o lugar do atentado sería unha estación de tren.
Se lle damos outro xiro podemos ver á esquerda a letra G, no medio o dous en números romanos e á dereita a letra D. Máis claro auga: empregaríase goma 2, dinamita.
A imaxe especular do símbolo do euro (imaxe 3) indica de onde procedería a dinamita. A ver se o adiviñades.
Efectivamente, o “a” de Asturias.
Ímolo a ler agora secuencialmente como se fora un xeroglífico:
A primeira figura di: Cando estean caídas as torres xemelas pola traxectoria duns avións.
A segunda di: e sexa o 11 de marzo en Madrid.
A terceira di: o Exipzio provocará un atentado (fixarse no “a”) nunha estación de tren
A cuarta di: utilizando goma 2, dinamita.
Pero aínda hai máis. Con que moeda cobrou Trashorras?: Con euros. Non é unha coincidencia?, eh? Eh? ...
Non nos esquezamos que España estivo invadida durante 800 anos polos árabes, e que anque foron expulsados polos reis católicos, algúns quedaron entre nós.
Queda así demostrado que certamente existiu unha conspiración dirixida por un ou varios autores intelectuais que gobernan a política da Unión Europea. Está implicada xente de alto nivel. Este é o camiño que deben seguir agora os periodistas de investigación dirixidos por Giménez Losantos.
Nós rematamos aquí a nosa investigación; hai que deixar que os periodistas fagan o seu traballo; pero aí vai outra pista; se dobramos un billete de euro adecuadamente dinos que é ZP. Pero ... que é ZP? a víctima ou o verdugo?. E quen é ZP? Apatero ou Zaplana?, No medio do apodo Exipzio tamén atopamos a ZP ó revés, que significará esto?
Como vedes hai caña dabondo.
Exipzio con Z non é unha falta de ortografía: escríbese con z igual que nun recente vídeo do PSOE se usa o zeta para todo son ce. Vedes como todo encaixa?
Pero xa paramos porque temos a sensación de aproximarnos demasiado á clave, poñendo en perigo as nosas vidas. Agora é o turno de Giménez Losantos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario