Sentimos a morte dun gran político co que non comulgábamos pero ao que lle hai que recoñecer o seu valor.
Xosé Cuiña foi a persoa con máis poder en Galicia ata que o Prestige se interpuxo no seu camiño, e ainda que pertence a un partido no que ninguén asume responsabilidades nin dimite, tocoulle a Cuiña presentar a dimisión e non ó presidente da Xunta nin ó ministro de Fomento que se foron de caza mentres se asolagaba de petróleo a costa galega.
Non foi Cuiña quen mandou afasta-lo petroleiro para que afectara á maior superficie de costa, tampouco foi o que percorreu as vilas dicíndolle aos mariñeiros que se quedaran quietos mentras toda a costa se pintaba de negro. Tampouco foi o que mentiu asegurando que non pasaba nada cando a desastre era ben clara. Tampouco foi o que se negou a acercarse para coñecer de cerca o problema.
Entón, cal foi a terrible decisión de Cuiña para ser a cabeza de turco?
O terrible delito foi que a empresa adxudicataria da limpeza decidiu comprarlle os materiais a unha empresa da familia do Conselleiro de Obras Públicas.
Persoalmente penso que foi moito peor o que fixeron os outros, incluso o que foi premiado coa medalla de ouro de Galicia (Álvarez Cascos) pola súa actuación no accidente.
Pero non creo que a dimisión de Cuiña se debera á venta de material, senón a todo un entramado de intereses políticos que se recollen neste interesante artigo da Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario