Recordo que cando os quintos decidiron construír unha virxe, en lugar de facer a festa, houbo moitas protestas e a calidade artística e oportunidade de dita virxe foron moi criticadas.
Este video foi feito en Alemaña, probablemente algún fillo de emigrante; pero entre as imaxes de Galicia escolleu a desta virxe.
Sempre pasa así. As obras son criticadas. Critícase a quen fai cousas que se apartan das normas; pero o tempo coloca cada cousa no seu sitio e a cada quen no seu lugar. E senón fixádevos na torre Eiffel: todo París protestou cando a construiron para poñer nela unha antena de transmisión dos actos dunha exposición universal. Hoxe é o símbolo de París.
Non chegaremos a tanto con esta virxe. Eso espero porque tamén eu fun dos que a criticaron. Agora afíxenme a ela e ata me gusta.
GALICIA.pps |
Hosted by eSnips |
Ao pinchar ábrese a presentación. Para saltar a lectura da xeografía e a historia e pasar ás imaxes hai que pinchar no escudo de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario