lunes, 21 de abril de 2008

Crear Gifs animados Online

A través de Genbeta descubro Gickr, unha utilidade online que nos permite crear gifs animados a partir das imaxes que descarguemos do noso ordenador, de Flickr ou a partir de vídeos de youtube.
Tamén podemos facer o mesmo con Picasion.
Parece interesante porque os programas para crear gifs animados son de pago e poucas veces os utilizo. Está moi ben para un momento de necesidade.
O malo é que engade o logotipo; pero depende do tamaño que queiramos darlle á imaxe (parece ser).
Intentarei probalo e porei a imaxe, a ver que tal.
En Aniboom poden crearse animacións en flash, tamén online. Aínda teño que ver como vai o tema.
Esta é unha animación flash con música de Good bye blue sky de Pink Floyd.
En Web Script Lab hai utilidades gráficas para webs



Ninguén se da por aludido con este videoclip premonitorio?

No hay comentarios: