Lojo, Cores, Juan Jesús, Juan Vicente, ... puxéronse a escribir e a sacar fotos para ter o informe listo dentro de prazo. O resultado foi un premio que gozaba naquela época de gran prestixio.
Logo veu a sesión de entrevistas pola radio. Creo que chamaron cáseque tódalas radios de España e Cores estaba feliz falando dos importantes logros da Xunta de Montes Comunais da Illa de Arousa, modelo para toda España.
Este que aquí tendes é o traballo. Realmente o maior mérito non foi a redacción, senón o traballo que se fixo nos montes comunais. Ese foi o motivo do premio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario