domingo, 30 de diciembre de 2007

Morreu Xosé Cuiña, o único represaliado pola desastre do Prestige

Sentimos a morte dun gran político co que non comulgábamos pero ao que lle hai que recoñecer o seu valor.
Xosé Cuiña foi a persoa con máis poder en Galicia ata que o Prestige se interpuxo no seu camiño, e ainda que pertence a un partido no que ninguén asume responsabilidades nin dimite, tocoulle a Cuiña presentar a dimisión e non ó presidente da Xunta nin ó ministro de Fomento que se foron de caza mentres se asolagaba de petróleo a costa galega.
Non foi Cuiña quen mandou afasta-lo petroleiro para que afectara á maior superficie de costa, tampouco foi o que percorreu as vilas dicíndolle aos mariñeiros que se quedaran quietos mentras toda a costa se pintaba de negro. Tampouco foi o que mentiu asegurando que non pasaba nada cando a desastre era ben clara. Tampouco foi o que se negou a acercarse para coñecer de cerca o problema.
Entón, cal foi a terrible decisión de Cuiña para ser a cabeza de turco?
O terrible delito foi que a empresa adxudicataria da limpeza decidiu comprarlle os materiais a unha empresa da familia do Conselleiro de Obras Públicas.
Persoalmente penso que foi moito peor o que fixeron os outros, incluso o que foi premiado coa medalla de ouro de Galicia (Álvarez Cascos) pola súa actuación no accidente.
Pero non creo que a dimisión de Cuiña se debera á venta de material, senón a todo un entramado de intereses políticos que se recollen neste interesante artigo da Voz de Galicia.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Descargar vídeos

En artigos anteriores indicábamos como descargar vídeos de internet. Nun comentario engadido infórmannos que hai un titorial que nos explica o modo de descargar de varias páxinas utilizando dous programas.
Neste outro enlace tamén sinalábamos como baixar vídeos de youtube.
Tamén facíamos referencia a un conversor online de vídeos.

domingo, 23 de diciembre de 2007

Tutoriais de todo tipo

En Mundotutoriales hai unha recompilación dunha chea de tutoriais.
Aprender a manexar os programas informáticos é agora máis facil.

Eliminar publicidade dunha web

En Nopropaganda indícanse varios trucos para evitar a publicidade que os servidores de aloxamento gratuíto colocan na cabeceira das nosas páxinas.
A primeira e máis lóxica é buscar un aloxamento gratuíto. Está claro que os servidores están no seu dereito a quitarlle algún beneficio ao servicio que nos prestan; pero aos webmasters resúltalle antiestética a publicidade.
Neste caso hai trucos para eliminala nos diferentes servidores.
En Webmasters e en Yomaster tamén hai unha lista de códigos Java que realizan a mesma función.

sábado, 22 de diciembre de 2007

A siña Carmen: Na flor dos meus anos

Con 80 anos salta á fama da música galega a siña Carmen co disco Na flor dos meus anos.

Carteis electorais

Comeza a precampaña electoral e os partidos políticos xa están a elaborar e a repartir os carteis electorais. O PP xa iniciou a súa campaña de carteis co eslogan "con Rajoy es posible" en Flickr.
En Flickr tamén hai unha colección non oficial de carteis para tódolos gustos. Como mostra ahí van uns exemplos.


En pezonesblancos hai unha actividade interactiva na que podes deseñar o teu cartel personalizado da campaña electoral de Mariano Rajoy.

Forges xenial

viernes, 21 de diciembre de 2007

Calendario de 2008 nunha tarxeta

Os 12 meses do ano nunha tarxeta a seis meses por cara. Non é complicado de usar: escóllese o mes, tápase cos dedos a parte que non está debaixo da zona coloreada correspondente ó mes. O último día do mes ten a mesma cor que a zona resaltada do mesmo.
Pódese baixar en PDF

domingo, 16 de diciembre de 2007

A Web 2.0 con Drupal

Está de moda a Web 2.0, é dicir, páxinas de internet que permiten a interacción dos visitantes aportando a súa opinión sobre os artigos. Creo que desde sempre as miñas web se orientaron a este tipo de páxinas; pero nediante Drupal as posibilidades para un webmaster son enormes.
Os blogs, coma este, pertencen á corrente da Web 2.0; pero hai moitas outras posibilidades como as wikis, os foros, as comunidades, ...
Levo uns días preparando unha web con Drupal e xa casi está lista para a súa inauguración. Xa se pode visitar aínda que a maioría dos artigos son de proba para axustar o método de traballo do autor e de momento ten pouca operatividade para os usuarios aos que teño que adxudicar os permisos. Tamén carece de páxina de inicio e hai que entrar a través dun subdominio. Quen a queira ver pode pinchar aquí.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Subtitular vídeos

En Ovestream hai unha aplicación para subtitular vídeos. Paréceme unha utilidade interesante para os profesores que lle queren pasar aos alumnos un vídeo que se atopa noutro idioma, e incluso para resaltar visualmente o que se di nun vídeo, ou tamén para incluír un texto no mesmo.
Para utilizalo hai que darse de alta. Logo o vídeo pode colocarse nun blog ou web a través dun enlace que se subministra ao estilo youtube.
A modo de exemplo inclúo este vídeo do programa americano "Sabes máis que un neno de primaria"

jueves, 29 de noviembre de 2007

Crear favicons "online"

En Genfavicon pódense crear favicons a partir dunha imaxe no noso ordenador.
Un favicon é un pequeno icono que se asocia a un sitio web para que na barra de direccións do navegador apareza ese icono cando alguén navegue pola nosa páxina web.
Tamén se pode colocar nu pendrive para que salga ese icono como identificativo da unidade de disco correspondente.
A tal fin basta con colocar na cabeceira:
link rel="shortcut icon" href="/favicon.ico" / entre os símbolos menor e maior

Enmarcar imaxes "online"

Loonapix é unha aplicación que nos permite enmarcar fácilmente as nosas fotos. Hai que descargalas (ata 5 Mb) e escoller o marco que máis nos guste.
O comentario de nice guy, gracias!, infórmanos que tamén se poden enmarca-las fotos en Fototrix.
Máis recentemente acabo de atopar Upframr.


LoonaPix.com. Online Photo Frames

sábado, 24 de noviembre de 2007

Por que no te callas

Canción que se está escoitando estes días en Venezuela

domingo, 18 de noviembre de 2007

El Comandante y el Rey, de Mario Vargas Llosa

Es verdad que una imagen vale mil palabras y, una secuencia de imágenes, diez mil. El incidente que ha inmortalizado la sesión de clausura de la última Cumbre Iberoamericana celebrada en Santiago de Chile, divulgado al mundo por las cámaras de televisión, dice más e ilustra mejor sobre el caudillo venezolano Chávez y congéneres, así como sobre las relaciones de España con América Latina, que decenas de sesudos ensayos. (Continuar)


O comandante bonchero

Outono seco, ¿cambio climático?

Recordamos o outono de 2006 polas inundacións, aínda que certamente non choveu moitos días, senón que nuns poucos choveu todo xunto. Este ano, polo de agora, non choveu nada e os cogumelos están á espera dun pouco de auga para saír, ¿ou é que non van saír este ano?.
Os científicos relacionan todo esto co cambio climática. Non todos, xa que algúns están comprados polas multinacionais enerxéticas e basean a súa opinión interesada na imposibilidade de predicción do clima nun período corto de tempo, se ben é sabido que as comparacións deben facerse por períodos non inferiores a 10 anos.
Ante todo esto, o primo de Rajoy non ten dúbida en afirmar que o cambio climático é unha tontería, en tanto que a ONU. baseándose no consenso de 3.500 científicos, sinala por boca do seu secretario xeral Ban Ki-Mon que o cambio climático é real, que se debe nun 90 % ás actividades humanas e que existen medios para combatelo e pide aos políticos que acepten o informe da ONU.
O subdirector do grupo de científicos que elaborou o informe da ONU afirma que: «Sí, o home é culpable do cambio climático. Sí, podemos facer algo. Sí, xa contamos con tódolos medios para facelo. Pero debemos comezar de inmediato».
Segundo o informe aínda estamos a tempo para evitar danos maiores, xa que o peor virá cando a temperatura media mundial se incremente en sous graos.
Al Gore recibiu o Premio Nobel pola súa campaña mundial en contra do cambio climática, sendo criticado porque emprega algúns recursos alarmistas pouco fundamentados científicamente. Certamente parece ser que esaxera en algúns aspectos; pero na maioría coincide co informe dos científicos da ONU.
Agora cada un pode decatarse por confiar nos 3.500 científicos da ONU ou no primo de Rajoy.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Programa para ver a televisión "online"

AnyTV é un pequeno programa (760Kb)que permite ver máis de 2.630 canais de televisión de todo o mundo, incluíndo a programación local.

Enciclopedia de software


Downloadpedia é un wiki de descargas de programas freeware, é dicir, de código aberto.

domingo, 11 de noviembre de 2007

Xa se pode baixar Mártires da Arousa

O mp3 da canción Mártires da Arousa xa se pode baixar de Hispasonicos. Parece que está tendo unha boa demanda porque apenas leva un par de horas na rede e xa foi descargada 3 veces das 5 que foi escoitada.
É unha canción dedicada aos paseados e represaliados polo franquismo na Arousa. Todos eles foron traballadores que demandaran melloras sociais.

sábado, 10 de noviembre de 2007

Creación dun wiki

Os wikis son páxinas web participativas que teñen unha utilidade práctica no ensino. A Wikipedia converteuse na maior enciclopedia do mundo, e a Galipedia é a súa versión en galego.
En Creando wikis enséñannos con varios video-flash a crear wikis de forma moi facil.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Informe sobre as TICs na aula

Segundo un informe do CNICE, ainda que o 73,6 % do profesorado considera que as TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) estimulan o interese e motivación facilitando a aprendizaxe dos alumnos, o certo é que o 71 % deses profesores non usa o ordenador como apoio nas clases, sendo os profesores de bacharelato os que máis o empregan.
A noticia pódese ampliar en 20 minutos, ou consultar o informe na páxina do CNICE, onde hai un informe resumido de 60 páxinas e o informe completo.

lunes, 5 de noviembre de 2007

Mapas en relevo

Fai un cuantos días indicábamos unha páxina de mapas con curvas de nivel, baseada no Google Maps. Agora, vía Cosassencillas, entérome que hai outra, Maps-for-free, que mostra o relevo, tamén baseado en Google Maps.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Buscador de vídeos

Blinkx é un buscador de vídeos en Internet que recentemente incorporou os vídeos en español e outros idiomas. Parece ser que na súa base de datos hai 14 millóns de horas de vídeos musicais, documentais, programas de televisión, etc.

Análise de cuadros

Interesante actividade en Madritel na que se analizan cuadros de pintores famosos. Inclúe exercicios para ver como quedarían con outra composición.

viernes, 2 de noviembre de 2007

Disco duro virtual

En bitelia acábome de informar de que ADrive ofrece un servicio de almacenamento de arquivos "opnline" de 50 Gb. Está moi ben porque nos permite ter acceso aos nosos arquivos desde calquera ordenador e en calquera lugar. Pódense crear carpetas públicas e privadas, o que nos permite tamén a posibilidade de compartir os nosos arquivos.

miércoles, 31 de octubre de 2007

Novo rumbo da Teoría da Conspiración

A sentencia do 11M rexeita a teoría da conspiración deixando un baleiro e desasosego nun amplo sector da poboación que se deixou seducir polas ocorrencias (... a lo mejó)dalgúns políticos e un grupo de supostos periodistas de investigación que quedaron como uns verdadeiros desertores do arado e da vasoira.
Como nos da moita mágoa toda esa xente desamparada, nós propoñemos unha alternativa para darlle un novo enfoque á teoría da conspiración.
Aquí vai a nosa teoría:
Comezaremos co símbolo do euro. Se o vamos xirando cada 90 graos no sentido das agulla do reloxio, que observamos?.

Efectivamente, o 11 M en Madrid.
Tampouco fai falla ser moi listo para ver que as torres xemelas están atravesadas por unha ruta, a dos avións que impactaron nelas. Polo tanto, a clave agochada neste símbolo é que o atentado debía ocorrer o 11 de marzo posterior ao derrubamento das torres xemelas.
Pero hai máis mensaxes. Se xiramos 180 graos podemos ver un E en azul bordeado por liñas amarelas, inicial do apodo do dirixente do atentado: o Exipzio.
Non para aquí a cousa: as dúas liñas centrais representas as vías do tren e a circular exterior unha estación, o lugar do atentado sería unha estación de tren.
Se lle damos outro xiro podemos ver á esquerda a letra G, no medio o dous en números romanos e á dereita a letra D. Máis claro auga: empregaríase goma 2, dinamita.
A imaxe especular do símbolo do euro (imaxe 3) indica de onde procedería a dinamita. A ver se o adiviñades.
Efectivamente, o “a” de Asturias.
Ímolo a ler agora secuencialmente como se fora un xeroglífico:
A primeira figura di: Cando estean caídas as torres xemelas pola traxectoria duns avións.
A segunda di: e sexa o 11 de marzo en Madrid.
A terceira di: o Exipzio provocará un atentado (fixarse no “a”) nunha estación de tren
A cuarta di: utilizando goma 2, dinamita.
Pero aínda hai máis. Con que moeda cobrou Trashorras?: Con euros. Non é unha coincidencia?, eh? Eh? ...
Non nos esquezamos que España estivo invadida durante 800 anos polos árabes, e que anque foron expulsados polos reis católicos, algúns quedaron entre nós.
Queda así demostrado que certamente existiu unha conspiración dirixida por un ou varios autores intelectuais que gobernan a política da Unión Europea. Está implicada xente de alto nivel. Este é o camiño que deben seguir agora os periodistas de investigación dirixidos por Giménez Losantos.
Nós rematamos aquí a nosa investigación; hai que deixar que os periodistas fagan o seu traballo; pero aí vai outra pista; se dobramos un billete de euro adecuadamente dinos que é ZP. Pero ... que é ZP? a víctima ou o verdugo?. E quen é ZP? Apatero ou Zaplana?, No medio do apodo Exipzio tamén atopamos a ZP ó revés, que significará esto?

Como vedes hai caña dabondo.
Exipzio con Z non é unha falta de ortografía: escríbese con z igual que nun recente vídeo do PSOE se usa o zeta para todo son ce. Vedes como todo encaixa?
Pero xa paramos porque temos a sensación de aproximarnos demasiado á clave, poñendo en perigo as nosas vidas. Agora é o turno de Giménez Losantos.

A Última Cea de Da Vinci en alta resolución

Xa está dispoñible a Última Cea de Leonardo Da Vinci a unha resolución de 16 billóns de pixels.

martes, 30 de octubre de 2007

Vectorización de imaxes

As imaxes vectoriais teñen a vantaxe de que non perden calidade por moito que as ampliemos; pola contra, teñen un limitado número de cores, razón pola que nas fotografías se empregan os mapas de bits.
En Vector Magic podemos transformar "online" as imaxes en mapa de bits a vectoriais, por exemplo para elaborar un poster ou un logotipo.
Recomendable.

viernes, 26 de octubre de 2007

Aforrar nas chamadas aos números 900

Acabo de atopar No más numeros 902, unha interesante páxina para evitar ter que pagar abusivamente polas chamadas aos números 901 e 902.
Pinchando no buscador e escribindo o número 900 ao que queiramos chamar (todo xunto sen espacios ou en grupos de 3 díxitos) e pulsando nos resultados indícanos o número correspondente para facer a chamada a un número normal no que podemos falar de forma gratuita ou sen ter que pagar as elevadas cuotas dos números 900.
O servicio vaise ampliando coa participación cidadà, motivo polo que se non aparece o teu número podes solicitalo.
Tamén se pode buscar polo nome da empresa a que se queira chamar.
Tamén hai un blog con interesante información.

No mas numeros 900 - Aprende a llamar gratis: Novedad: el wiki anti 902

sábado, 20 de octubre de 2007

Curso Jclic


En edugaliza teñen a intención de ofertar cursos gratuitos sobre creación de actividades educativas interactivas. Neste momento está a disposición un curso de JClic.

Crear facilmente webquests

En Aula21 ofrecen un sinxelo creador de webquests. Cúbrense os apartados correspondentes, engádense as imaxes que queiramos e a combinación de cores que máis nos gusten e os enlaces apropiados. Púlsase en crear e podemos imprimila ou gardala en formato html para subir a unha web.

lunes, 15 de octubre de 2007

Barra de ferramentas para OpenOffice

Writer’s Tools é unha extensión gratuíta para OpenOffice.org que engade unha barra de ferramentas coas seguintes funcións.

Buscar o significado de palabras en diferentes diccionarios online.
Traducir textos entre diferentes idiomas utilizando Google Translate.
Buscar nun mapa a localización dun texto seleccionado (cidade, dirección…)
Enviar por correo electrónico o documento actual.
Gardar o documento co que estamos traballando en DOC, TXT y RTF simultáneamente.
Gardar o documento nun servidor FTP remoto.
Crear un Wiki cos diferentes documentos de OpenOffice.org que temos no noso ordenador.
Controlar o tiempo que pasamos traballando.
Engadir textos, enlaces e notas a unha base de datos de forma que nos resulte fácil insertalos de novo en algún outro momento.

Antivirus online

Online malware realiza un escaneo do noso ordenador para buscar os virus. A tal fin utiliza unha colección de antivirus (A-Squared, AntiVir, ArcaVir, Avast, AVG Antivirus, BitDefender, ClamAV, CPsecure, Dr.Web, F-Prot Antivirus, F-Secure Anti-Virus, Fortinet, Kaspersky Anti-Virus, NOD32, Norman Virus Control, Panda Antivirus, Rising Antivirus, Sophos Antivirus y VirusBuster).
Parece un servicio interesante para escanear de cando en vez o noso ordenador.

sábado, 13 de octubre de 2007

Publicar periódicos e revistas

Para publicar periódicos, revistas, folletos, boletíns, posters, liboros, etc., hai un programa gratuíto que está á altura dos máis caros programas de edición deste tipo. Chámase Scribus. Preséntase en varios idiomas, un deles o portugués. De momento non hai versión en castelán. Tampouco en galego. A última versión é a 1.3.4 e está dispóñible para varios sistemas operativos.

domingo, 7 de octubre de 2007

Mapas con curvas de nivel

En EarthTools podemos ver os mapas de Google Esarth con curvas de nivel, o cal é interesante para coñecer os desniveis do terreno. Tamén para certos traballos relacionados cos métodos SIX (sistemas de información xeográfica).
Sirva como exemplo a imaxe da Ría. Pódense ver as curvas sobre o mapa ou sobre a imaxe de satélite.
Este é o mapa da Ría de Arousa.

miércoles, 3 de octubre de 2007

Videoclip sobre a Arousa

En Na Illa atopamos o enlace a este interesante vídeoclip ubicado nunha páxina francesa. Quen o fixo coñece ben a Illa de Arousa, non coma quen fixo a páxino oficial do Concello.

martes, 2 de octubre de 2007

Conferencia sobre educación do fiscal de menores de Granada

Moi interesante me pareceu esta conferencia de Emilio Calatayud.
Pinchar aquí para vela.

domingo, 30 de septiembre de 2007

Libros dixitais

Xa podemos crear o noso libro dixital cun programa gratuíto. Trátase de Booksmart, un sitio no que logo podemos solicitar a impresión en papel dos exemplares que queiramos en papel de gran calidade.
Pero o programa é gratuíto e podemos usar a nosa impresora, e pódese descargar desde esa páxina ou pinchando aquí.
Inconveniente: Hai que ter o progama instalado para ver o libro no ordenador.
Solución: Imprimilo como PDF se temos algún programa a tal fin.

Ten unha pega: ao imprimir (impresora ou PDF) sae unha marca publicitaria de auga que desmellora un pouco o traballo.

sábado, 29 de septiembre de 2007

PowerPoint a flash

Xa fai tempo que ando buscando unha forma axeitada de transformar as presentacións PowerPoint a Flash, co obxecto de publicalas en internet.
Hai varias formas: pódese facer "on line" con Slideshare, o youtube das presetacións.
Tamén o Impress de OpenOffice permite exportar as presentacións creadas con este programa gratuíto (competencia do PowerPoint) a Flash. Permite importar as presentacións de PowerPoint ou crealas directamente.
O problema é que estes programas non respetan as animacións e tránsitos de pantalla, e ás veces aparecen erros graves nas presentacións finais.
Pero fai uns días resolvin definitivamente o problema instalando FlashSpring. Este programa respeta todo canto temos na nosa presentación: transicións, animacións, sonido ... A presentación queda tal cual a tíñamos orixinalmente. Pero ademáis permite incorporar arquivos Flash dentro das presentacións PowerPoint como se unha diapositiva máis se tratara. Imaxinádevos: podo incorporar un vídeo de youtube na presentación.
Para colmo, este programa é gratis. Claro que hai un pequeno detalle: a versión de proba non caduca pero incorpora á presentación publicidade do programa. Para evitala hai que mercar o programa. A versión con publicidade é totalmente operativa, igual á comercial pero cunha liña inferior de publicidade, que tampouco molesta tanto.
Ah! E xa me esquecía. É facilísimo. O programa incorpora iconos en PowerPoint, Ábrese a presentación, con dous clics faise a transformación: icono publish e outra vez en publish na ventá emerxente. Esperar e listo.
Os outros dous botóns son para incorporar arquivos de son ou de flash na (ou nas) diapositivas.

Redimensionar imaxes

En Rsizr pódense redimensionar as imaxes "on line" empregando o algoritmo Seam Carvin, un novo método intelixente que protexe a calidade da imaxe e vai a ser incorporado na próxima versión de Photoshop.

lunes, 24 de septiembre de 2007

Como crear un Wiki

Uso educativo dos blogs

Ferramentas educativas

Wikis educativos

Elaborar unha caza de tesoros

En esta presentación explícase como elaborar este recurso educativo para as clases

Tutoriais en videoclip

Na páxina Tutoriales hai unha colección de videoclips explicando gran variedade de temas informáticos.

Efectos de son

Para certos traballos necesitamos, ademáis das imaxes, algún efecto de son. Sen embargo non resulta tan fácil atopar sons como imaxes.
En FindSounds hai unha gran variedade de sons agrupados en varias categorías.

domingo, 16 de septiembre de 2007

Karaoke online

Nunha entrada anterior recomendaba unha páxina para crear música online. Hoxe vai unha para demostra-las dotes de cantante.
Trátase de Redkaraoke, unha páxina de karaoke na que se pode escoller un estilo e unha canción. Recoméndase practicar antes de decidirse a grabar a nosa canción. Unha vez grabada pode enlazarse a un blog. Tamén se pode votar polas mellores versións grabadas.
Non me atrevín a grabar a miña propia canción; pero aquí vai a versión dun dos máis votados por esta canción de Amistades Peligrosas, Me haces tanto bien.
Sintoo; pero non puiden incorporar a canción no blog. O enlace á mesma aquí.

Me haces tanto bien - Red Karaoke
Por fin dei co erro no código para Blogger. Ao final do código que hai que pegar no blog débese engadir (/embed) entre os símbolos menor (<) e maior (>)

domingo, 9 de septiembre de 2007

Ciclo de Química Ambiental no IES A Basella

Ciclo Superior de Química Ambiental

Viñeta

Unhas viñetas educativas esplicando o que é un ecosistema. Non puiden acentuar as palabras. A ver se atopo como facelo.





sábado, 8 de septiembre de 2007

Videoclip

Videoclip sobre a Illa de Arousa

viernes, 7 de septiembre de 2007

Máis sitios para crear viñetas

En Toondoo pódense crear viñetas dunha calidade bastante boa. Non conseguín poñer o acento aos textos; pero supoño que se poderá. É necesario rexistrarse. Como exemplo esta creada nuns minutos:


En Makebeliefscomix non é necesario rexistrarse; pero os debuxos son en branco e negro e non están tan ben logrados.
Tamén en What's New hay unha colección de recursos para crear comics online.

martes, 4 de septiembre de 2007

Correo con dirección personalizada

Acabo de atopar unha curiosa forma de personalizar a dirección de correo electrónico.
En Correoteca podemos escoller a dirección do noso correo electrónico seleccionando entre varias alternativas: deportes, xentilícios, informática, música,... Dentro de cada categoría hai varias alternativas. En fútbol, por exemplo, entre os equipos de primeira división podemos escoller unha dirección do tipo: eu@deldepor.es.
En xentilicios podemos escoller unha dirección do tipo: eu@gallego.es
Sintoo polos do celta, que ó estar en segunda división non ten asignado o dominio; pero non é problema porque se pode solicitar calquera dominio que poida ter demanda.
O problema é que non ten moita capacidade de almacenamento (uns 50 Mb)
Esta é a pantalla que nos aparece para seleccionar a opción se somos deportivistas:

Crear videoclips

Acaba de inaugurarse Animoto, unha aplicación "online" que permite crear automática e facilmente videoclips a partir dunha música e dunhas imaxes seleccionadas polo autor.
En poucos minutos crearemos un videoclip de apariencia profesional, listo para subir a youtube.
Claro que en youtube hai varios millóns de vídeos e resulta moi difícil que alguén se fixe no noso. Para chamar a atención sobre a nosa creación é necesario promocionalo. Esteban Panzera explícanos como facelo gratis.
Este é o videoclip promocional:

Que é a Web 2.0?

Desde fai algún tempo vense tratando en internet do concepto Web 2.0. Tiña un concepto de que con este termo se facía referencia a webs interactivas; pero non o tiña totalmente claro.
Pois ben, en wwwhat's new atopei unha imaxe que o clarifica todo (é certo que unha boa imaxe vale máis que mil palabras).
Esta é a imaxe en cuestión:

Viño tinto contra o cáncer

Nas noticias de hoxe, a Voz de Galicia informa que investigadores da Universidade de Alabama descubriron que o resveratrol, unha substancia que se atopa no viño tinto, reduce os riscos de padecer cancer de próstata e de mama en ratos.
Xa fai tempo os investigadores asociaron o resveratrol coa diminución de colesterol e outras melloras para a circulación sanguínea.
Tamén se sabe que o consumo de froitas e verduras prevén o desenvolvemento de gran variedade de cánceres e outras melloras para a saúde. Realmente, xa desde moi antigo, o consumo de froitas na alimentación é considerado como unha forma de mediciña preventiva e incluso curativa.
Recomendan os científicos consumir un vaso de viño diario, e como máximo dous, completando o aporte de resveratrol con froitas ricas nestas substancia: uvas, frambuesas e arándanos, xa que o consumo excesivo de viño tamén ten consecuencias negativas para a saúde.
Na prensa de hoxe tamén se advirte da posible relación entre o uso de desodorantes co cáncer de mama, xa que se atoparon elevados niveis de alumnino en mulleres sometidas a masectomía.
O aluminio é o principal elemento antitranspirante empregado nos desodorantes.

domingo, 2 de septiembre de 2007

Música científica

É evidente que os instrumentos musicais teñen unha base científica na que xoga un importante papel as matemáticas. A vibración das ondas do aire que producen os instrumentos ten a súa explicación na física.
Pero este vídeo mostra a curiosidade dun novo instrumento, ou mellor dito, mostra como se pode producir música a partir da voltaxe desprendida por dúas bobinas telstar que fan vibrar o aire producindo diferentes tonalidades.

Os átomos

E xa que falamos de Ciencia, quixera comentar que o Universo está formado a partir da evolución dun único elemento, o Hidróxeno. Os rapaces que comezan a estudiar a Química teñen moitos problemas coa táboa periódica que debe esa periodicidade ós diferentes pasos evolutivos da materia. Atopei, gracias a Genciencia, a páxina Atoms na que podemos observar como son os elementos da materia do Universo.
É moi útil para os estudiantes xa que mostra o número de protóns, as capas, o número de electróns por capa e as órbitas libres.
Xa dicían os filósofos da antiga Grecia que a materia estaba formada por terra, auga e lume. Tamén dicían que a materia estaba formada por átomos. Os átomos necesitan enerxía (lume) para evolucionar a outros elementos. En fin, que non estaban moi equivocados nas súas teorías.
Completo coa imaxe do hidróxeno, o elemento básico do Universo, que ó xuntarse co osíxeno produciu a molécula de auga (o elemento que falta na tríada dos antigos gregos).

Novidades Google Earth

Aínda non instalei o novo Google Earth que incorpora Sky, un mapa do ceo. Pero acábome de enterar en Genbeta que tamén inclúe un simulador de vó que se activa con CTRL+Alt+A. Escóllese aeroporto e avión e faise avanzar con AVPág. Despégase con frecha abaixo, coas frechas esquerda e dereita xiramos, diminúese a velocidade con RePág. Descéndese con frecha arriba, e haai máis teclas con outras funcións.
Xa podemos sobrevoar virtualmente por riba da nosa casa. Teño que instalar a nova versión para probar.

Maxia e ciencia

Os magos e os druidas eran os antigos coñecedores da ciencia. Recorrían á maxia para causar admiración entre os seus concidadáns.
Actualmente a ciencia e a maxia son conceptos diferenciados. Consideramos a maxia como un truco ou engano con fins de diversión.
Pero os magos recorren á ciencia para elaborar os seus trucos. En entradas anteriores vimos algúns exemplos de ciencia máxica. No campo das ilusións ópticas teríamos unhaa gran multitude de exemplos. A maxia científica é empregada polos máis grandes magos da actualidade. En Comolohizo explícannos a base científica de moitos trucos de maxia.
Fíxome moita gracia este truco do gran xenio Juan Tamaríz (xenio da maxia e do humor). Por certo, se vos fixades un pouco pódese ver como o fixo.

sábado, 1 de septiembre de 2007

Maxia da cinta de Moebius

A cinta de Moebius é coñecida por tódolos galegos xa que é o logotipo de Caixanova. Posúe unhas características que é utilizada polos magos para demostrar os seus poderes; pero non se trata de maxia senón de ciencia pura.
Ten unha soa cara. Cando se corta seguindo asúa cara obtemos unha cinta máis longa. Bueno, mirade este vídeo para coñecer máis dos seus poderes.

Camiñar sobre un líquido

No prograqma de televisión El Hormiguero (que se mostra no vídeo de youtube), varias persoas camiñaron sobre un líquido. A explicación é que se trata dun fluido non newtoniano que se conseguiu cunha dilución de almidón en auga. Segundo explican en Genciencia, nun líquido non newtoniano cando se exerce unha presión aumenta a súa viscosidade. Cando os protagonistas deixan de camiñar fúndense no líquido.

Trucos para buscar na rede

Todos sabemos buscar información nos buscadores, o malo é que non sempre sabemos buscar ben para atopar o que realmente buscamos.
Moitas veces tiven que buscarlle a outras persoas a información na rede porque elas non sabían buscar.
Realmente non é tan complicado; pero non nos preocupamos de utilizar ben os buscadores.
En Xyberneticos explican como buscar. Así que se recomenda a visita.
E non utilicemos soamente gogle. Hai outros buscadores moi bos como o europeo Seekport, ou Yahoo que están á altura de Google, e non vos esquezades dos metabuscadores (buscan en tódolos buscadores) como Metacrawler, Ixquick que tamén é un buscador telefónico, Buscamultiple.
Tamén hai buscadores de páxinas galegas como Websgalicia, Galiciacity, Miradoiro e Paxinas.
E para buscar música, vídeos e programas: Dilandau.

A Rianxeira

Música típica da Ría

Rexistro das obras musicais

As obras musicais e calquera outra que se acolla á propiedade intelectual (textos, imaxes, inventos, ...) deben protexerse no Rexistro da Propiedade Intelectual para evita-lo plaxio. Como podemos reclamar que sexan nosas?
A primeira vez un anda desorientado. Fun á delegación e alí explicáronmo moi claro; pero en Informáticamusical temos unha completa explicación e podemos baixar os documentos que logo nos pedirán na oficina do rexistro.
A obra individual custa uns 12 euros. Pero si inscribimos varias temas como parte dunha obra podémonos aforrar bastantes cartos. Se non recordo mal, por 15 euros inscribín un feixe delas.

Curso de harmonía musical

Michel Barón ofrécenos un curso de harmonía musical que está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán e o galego. Pode ser descargalo en formato comprimido zip, que ó abrilo mostra unha páxina web na que podemos escoller o idioma.
Na páxina hai un programa para practica-los exercicios, así como unha actualización dos exercidios.
Pinchando aquí pode descargarse directamente o curso comprimido en formato zip. Hai que respectar as normas de uso: pedagóxico, indicar a fonte, non facer un uso comercial, informar ó autorsobre o seu uso.

Curso completo de fotografía en vídeo

Realmente me pareceron interesantes os vídeos do curso de fotografía que fun colocando nas entradas anteriores. Tanto que case estaba decidido a incorporalos todos.
Pero pensei que debían proceder de algunha páxina de internet. Púxenme a buscar e efectivamente atopei a recopilación dos vídeos do curso en ViktorStudios.
Se non se ve a imaxe (pasoume a min) é pola configuración do navegador. En todo caso hay a opción de Trauko's onde fan a recopilación que pensaba facer eu. Evidentemente, hai que empezar de atrás para adiante.
Tamén se poden baixar os vídeos con kiss e recopilalos ordeadamente.

Uso do trípode

Hei de confesar que teño varios trípodes pero que os uso pouco porque ocupan espacio e resulta incómodo ir cargado con cámaras, obxectivos, filtros, ...
Pero a boa calidade dunha foto depende dun trípode, e en especial nas fotos da natureza e de paisaxes.
Xa que me metín no tema da fotografía, un dos meus "hobbies" predilecto, e que atopei uns interesantes vídeos en youtube, decidín incoirporar neste blog algún deses vídeos para compartilos e facerme a mín mesmo a acordante de que debo sacar os trípodes do armario.

Técnica fotográfica 2

Sabías que a máxima calidade obtense en diaframas intermedios? Coñeces as claves para compoñer paisaxes?. Estes e moitos máis aspectos son tratados nas diferentes categorías do blog de J. García.
Tamén é interesante o blog de Sergio de la Torre que inclúe as categorías de técnica fotográfica, software, e trucos onde, por exemplo, nos explica como limpar o sensor da cámara dixital.
Na web DeCámaras explícanse as técnicas fotográficas para utilizar un filtro polarizador, obter fotos da lúa ou colocar os obxectos no punto de interese da foto.
No blog de Javier Vallas atopamos categorías sobre técnica, retoque, programas e restauración.
En dzoom trátase ampliamente o tema da técnica fotográfica. é un verdadeiro manual. Ademáis hai outras categorías interesantes como blricolaxe, consellos, programas e trucos. Os principiantes, e non tanto, poden comezar neste "post".
Tamén é interesante un curso básico de fotografía. Está en italiano pero lese ben.
En d-foto hai un curso básico de fotografía en castelán, que podemos ampliar en difo.
Para cando a foto xa está feita podemos consultar os tutorias de retoque de ojodigital.
Obteremos así unhas fotos de gran calidade para incorporar nas presentacións, compartir cos amigos ou publicar para obter beneficios da nosa afición.
Tamén en youtube hai vídeos de cursos de fotografía. Por exemplo este sobre o emprego do diafragma e a velocidade de obturación.

viernes, 31 de agosto de 2007

Técnica fotográfica

Atopei en Cheapshooter unha recopilación de 11 vídeos youtube sobre técnicas para mellorar a captación de imaxes fotográficas. Está en inglés; pero merecen a pena.
Exemplo do uso de flash no exterior:

Presentacións "on line"

Así como existen páxinas para publicar os nosos vídeos na rede (youtube, metacafe, ...), tamén podemos publicar as nosas presentacións ou diaporamas con imaxes que tañamos gardadas en Panoramio (española recentemente comprada por Google), FliKr, ...
Subín a Slideshare, quizáis o máis coñecido, algunhas das miñas presentacións en Power Point que agora tamén permite incorporar son. Acabo de descubrir myPlick que é moi similar e permite incorporar música ás presentación.
Outras páxinas permiten elaborar as presentacións "on line", como Prezentit que está en castelán e Spresent.
Mediante a incorporación dun código, as presentacións poden incorporarse nun blog ou web. Por exemplo esta que nos permite coñecer a pintura de Van Gogh.

jueves, 30 de agosto de 2007

Baixar vídeos da rede

Fai uns días necesitei baixar un vídeo que non era de youtube, polo tanto non me funcionaba Kissyoutube. Probei con youtube downloader, que teño instaldo no ordenador e nada. Non vai. Impoñíase buscar unha solución, e buscando en internet atopei ClipNabber que funciona iguial que os anteriores; pero que nos da a opción de seleccionar 24 webs de contidos multimedia, e unha máis que pode servir para outras que non se atopen na lista.
Tamén permite a conversión desde o formato flv, o usual neste tipo de páxinas e que require un programa especial para velos. Ademáis ten a vantaxe adicional de poder escoller o idioma español.

miércoles, 29 de agosto de 2007

Utilidades gráficas

En Mashable hai unha gran variedade de utilidades gráficas e multimedia. Atópanse programas de todo tipo para editar e manipular imaxes. Estiven probando myImager que permite retocar imaxes, elaborar botóns para webs e blogs, así como deseñar fondos.
Tamén hai editores de vídeo "online" e outras utilidades.

Diagramas de fluxo

Os diagramas son moi útiles para diferentes traballos. Tamén para incorporalos en presentacións. Flowchart é unha utilidade "online" para realizar diagramas na rede, sen necesidade de instalar un programa e que ten a vantaxe de permitir a colaboración de varias persoas na súa elaboración, podendo incluso chatear para dar as opinións persoais.
É unha utilidfade moi completa que permite incorporar cliparts e fotografías nos diagramas, así como escoller varios formatos e colorear, exportar e editar.

Pilas de azúcre

Leíno en Genciencia. Sony desenvolveu unha pila de azúcre que fai funcionar pequenos aparatos electrónicos.
Nesta outra páxina móstrase un bolso con panel solar que serve para recargar as baterías do móvil e outros aparatos.
Todo esto está moi ben para comezar a utilizar as enerxías alternativas e renovables.

Titoriais photoshop

Photoshop é un dos programas máis utilizados para manipular fotografías. Na rede atópanse moitos titoriais, algúns deles en vídeos descargables de youtube como se indicou nunha ficha anterior.
Pero nesta páxina hai unha recompilación de 60 titorias avanzados. Recomendable para aprender a utilizar mellor este programa.

martes, 28 de agosto de 2007

Fabricar unha lámpara cun lápiz

En Cienciadebolsillo hai utilidades científicas curiosas para converterse nun McGuiver. Por exemplo esta de facer unha lámpada de emerxencia cun lápiz e utilizando a batería do coche como fonte de enerxía. ¡Coidado coa corrente eléctrica que é perigosa!.

Turn A PENCIL Into A LIGHT ! - More amazing video clips are a click away

Compoñer música é moi fácil

Utilizando Jamstudio, unha aplicación "online", calquera pode compoñer unha canción, incluso sen ter idea de música.
Primeiro hai que escribir as notas dos acordes. Tendo un pouco de idea podemos compoñer nunha escala e tonalidade seleccionada; pero se non temos idea e pulsamos varias notas sobre o mástil da guitarra, o programa se encargará de que sonen ben.
Logo seleccionamos os instrumentos e os estilos. Podemos axustala ó noso ton de voz, realizando un cambio de escal en Key.
Para gardar a composición é necesario estar dado de alta.
Pódese empregar como música de fondo para unha presentación ou vídeo.

Baixar vídeos de youtube

En Kissyoutube podemos descargar os vídeos que nos interesen de youtube e transformalos no formato de vídeo que nos interese. Podemos ir á páxina e pegar o enlace ó vídeo que desexemos. Pero resulta máis fácil copiar e pegar no navegador o enlace de youtube e logo escribir kiss antes da palabra youtube. Por exemplo, se o enlace é http://www.youtube.com/watch?v=jyhT2v5DMwU, hai que escribila como http://www.kissyoutube.com/watch?v=jyhT2v5DMwU. Logo pulsar entrar e listo. Solo nos falta seleccionar o formato de vídeo e descargalo no disco duro.

Crear historietas online

En Storytop podemos crear historietas para incorporar nun blog ou nunha presentación, co obxecto de facela máis amena. Tamén Stripgenerator nos permite crear historiestas, ainda que neste caso son en branco e negro.
Podemos gardar as historietas na nosa conta para logo crear enlaces a un blog ou web, e tamén as podemos baixar ó noso disco duro.
Como exemplo fixen esta historieta:

viernes, 24 de agosto de 2007

Presentacións en Flash

Pasar unha presentación a flash é moi facil con Open Office. Hai que utilizar Impress, que é o equivalente a Power Point de Microsoft Office.
Se temos a presentación e Power Point podémola importar a Impress; pero tamén a podemos crear con Impress do mesmo xeito que se fai con Power Point.
Logo non temos máis que exportar como Macromedia Flash e colocala nunha páxina web ou blog para vela desde o navegador. Co programa SWFOpener tamén a podemos ver directamente sen necesidade de utilizar un navegador.
En Fle d'artifice hai unha presentación en flash que explica moi ben como utilizar Impress para elaborar un diaporama e colocalo nun blog.

Como facer unha boa presentación educativa

En Cosassencillas expóñense as regras para facer unha boa presentación educativa.
Por exemplo,a regra 10/20/30, de Guy Kawasaki, di que unha presentación non debe contar con máis de 10 diapositivas, cunha duración total de 20 minutos e un tamaño de texto mínimo de 30 puntos.
Tamén podemos considerar a regra 20/20: 20 diapositivas cunha duración de 20 segundos por diapositiva.
Para amenizar as presentacións débese manter o contacto visual coa audiencia e recorrer a anécdotas e algunha chispa de humor.
E aquí un exemplo de como non debe ser unha presentación:

miércoles, 22 de agosto de 2007

Almacén e retoque de imaxes

En Pikifx pódense subir imaxes do ordenador ou da rede, retocalas e baixalas ou gardalas nunha galería propia. Tamén se poden enviar por correo electrónico ou enlazalas a un blog oupáxina web como se fai en youtube.
Abaixo vai un exemplo de imaxe modificada con efectos de Pikifx.



Image Touched Up By www.pikifx.com

lunes, 20 de agosto de 2007

Videoteca online

En Divoox pódense ver vídeos en español sen necesidade de descargalos. O único é que se nos falta un códec de vídeo (Divx) que non teñamos instalado, ofrécenos a posibilidade de realizar dita instalación.

Debuxar animais


Para debuxar é convinte realizar un boceto previo que logo se vai completando, paso a paso, con máis detalles.
En Lifeandhealth pódense baixar páxinas en formato PDF (pinchar sobre a imaxe para realizar a conversión) para debuxar unha gran variedade de animais.

domingo, 19 de agosto de 2007

Interesante sección de música


En Cosas sencillas hai unha interesante sección de música que é recomendable visitar. Hai de todo.

Buscador de música

Nos enlaces situados na marxe dereita pódese acceder a un buscador de música mp3. Trátase de Franceradio. A música atopada pódese baixar ou enlazar a un blog ou páxina web.

Trucos para Photoshop

En Xyberneticos atopei unha interesante colección de trucos para usar con Photoshop. É recomendable para utilizar con propiedade este programa de manipulación de fotografías.

Música en ipod

Agora temos a música nun ipod virtual. Pódese cambiar de pista pinchando directamente na canción, saltar ou retroceder coas fechas dobres ou deter e continuar no triángulo inferior.

Televisións de todo o mundo

Para ver a televisión, escoller un país e o canal. Pinchar no triángulo de posta en marcha e esperar un pouco. Para parar, pinchar no cadrado. Control de sonido nas liñas verticais anteriores ó micrófono.
Pódese ver a televisión en windows media pinchando no círculo, ou a pantalla completa pinchando no cadrado situado á dereita, despois do micrófono.
Para ver as características do canal ou o menú, pinchar no cadrado de menú situado á esquerda

viernes, 13 de julio de 2007

Video orixinal

Sonábame a canción do humor satírico, así que buscando atopei o orixinal

jueves, 12 de julio de 2007

Humor satírico

Non estamos de acordo coa canción; pero non lle falta humor. Atopámola en youtube

miércoles, 27 de junio de 2007

Conversor de vídeos online

¿Queres poñe-los vídeos de youtube no móvil?. En MC podes transformar gratuitamente calquera formato de audio e vídeo. Soporta os formatos de audio (MP3, OGG, WAV e WMA - só decodificar) e de vídeo (3GP, AVI, FLV, M4V, MOV, MP4, MPG, MPEG, PSP - só codificar, RM e WMV).

Utilidades educativas

Para crear e engadir aplicacións educativas nos blogs e páxinas web, dispoñemos dunha lista de recursos en Read/Write Web. Está en inglés pero vale a pena.
Tamén son interesantes os Apps de Google para ofrecerlle determinados servicios ós alumnos/as.

Widgets ou gadgets para blogs

En yourminis dispoñemos dunha gran variedade de widgets ou gadgets que son unhas interesantes axudas para engadir certos contidos personalizados ó noso blog: música, fotografías, vídeos, calendarios, reloxios, noticias, etc.

Foro Bloggers

ForoBloggers é moi interesante porque nela pódense consultar aspectos sobre como sacarlle un mellor partido a un blog, así como solucionar problemas, etc.
¿Como poñer música nun blog?, ¿como utilizar os plugins? Todo ten solución nesta páxina.

sábado, 12 de mayo de 2007

miércoles, 11 de abril de 2007

As mariscadoras tamén son número 1

Vese que teñen máis éxito as cancións que a música


domingo, 1 de abril de 2007

martes, 27 de marzo de 2007

lunes, 12 de marzo de 2007

Bush tamén lle da ó canto

Buscando os videos con máis enlaces, que se pode consultar aquí, atopeime con este

Yesterday

Unha das mellores cancións dos Beatles

While my guitar gently weeps

Esta canción de George Harrison é unha das que máis me gustou dos Beatles, unha das poucas que compuxo no grupo.

Imagine

Actuación en directo de John Lennon no Teatro Apolo de Nova York

Long and winding road

Outra interpretación en directo. Documentos audiovisuais históricos da música moderna

Let I be

Outra canción en directo dos Beatles

Get Back

Música universal. Os Beatles actuando en directo

sábado, 10 de marzo de 2007

sábado, 3 de marzo de 2007

Proba Radio nova

Powered by eSnips.com

Próximamente porei a vosa disposición o código para que poidades colocar a nosa radio no voso blog. A radio actulizarase automáticamente a medida que se vaian engadindo novas cancións.

Imagine

Poño un enlace á canción que me parece máis fermosa e coa mellor mensaxe para a humanidade. Dende aquí enlázase á páxina que a contén, que non é nosa, senón do propio autor, segundo as normas desa páxina. Se a SGAE a quere eliminar que a borre na orixe. Que conste que dende aquí indicamos mediante un enlace onde se atopa.

Imagine.mp3

Rap de Popina

viernes, 23 de febrero de 2007

Negra sombra

Mi pobre corazón

Canción durante a homenaxe ó noso querido Manso

Albariño ou Rías Baixas?

Presentación e canción de Unha Grande Chea de Cambados. Acordádevos de parar o reproductor da radio

Mister X tamén é número 1


viernes, 16 de febrero de 2007

Avertefué

Recordádesvos de aquel gran éxito das Fuelchup?. Para escoitalo acordádevos de parar antes o reproductor. Parece mentira que sigamos sen ter un plan de emerxencia e que o Ostedijk poña en evidencia que o goberno Galego, da cor que sexa, non sabe responder ante situacións de emerxencia. Para estes casos hai técnicos competentes; pero se non se lles fai caso ou son substituidos por enchufados seguiremos co risco que de que un desastre ambiental acabe coa economía galega

viernes, 2 de febrero de 2007

Somos os nº 1 en Hispasonic

As nosas cancións ocupan o nº 1 en descargas de Hispasonic

lunes, 29 de enero de 2007

Descargar mp3 de Radio de Arousa

Podes descargar calquera dos temas sen infrinxi-la lei, xa que tes o permiso do autor para descargar e distribui-las copias; pero non se permite o uso comercial sen o meu consentemento. No servidor onde teño as cancións piden darse de alta para baixa-los temas: alias e clave. Pincha aquí para baixar temas

domingo, 28 de enero de 2007

Presentación

Esta é a Radio de Arousa na que podedes escoitar música de composición propia, rexistrada a nome do compositor e que non está controlada pola SGAE. Pódese escoitar e baixar sen problema; pero para o seu uso comercial é necesario o consentemento do autor. Seguramente un cantante profesional as cantaría mellor. Sempre estamos a tempo de mellorar a voz ou de que alguén se anime a interpretalas.